viernes, 9 de octubre de 2009

La radiografía

Sanidade Pública ( ano 2009 de nuestro señoriño)

Aproveitando uns días libres que tiña no traballo fun a pedir cita para o meu médico de cabeceira. Levaba uns días un pouco baixo e ademáis tiven un par de pequenos mareos. "13" me insistía que fora ó medico, que estou delgado que pida unha analítica…

Déronme cita para dentro de dous días (non había outra data ata entón). Esa tarde vín ó médico por casualidade pola rúa, e pedínlle si me podería atender ó día seguinte, xa que para cando me deron a cita tiña que traballar. El contestoume que sin problema,, que estivera alí a primeira hora.

Ó día seguinte estaba no médico e, efectivamente, cando me víu pasóume por diante de quen tiña cita concertada. Entrei e  escomenzei a explicarle os meus síntomas (tamén lle comentéi o que me decía a muller).

O Dr. Fíxome unha exploración xeral e non detectou nada anormal, ata que me fixo unha proba de equilibrio:

-          Colóquese de pié y junte las piernas y los pies. Póngase derecho y ponga los brazos en cruz.

Así o fixen. Eu miraba á parede e o Dr. estaba detrás de min coas súas mans apoiadas nos meus hombros.

-          Tiene Vd. un hombro un poco más bajo que el otro, no me extrañaría nada que tuviera una pequeña escoriosis …  cierre los ojos …

En canto pechei os ollos notei como me costaba moito aguantar o equilibrio e tiven un par de pequenos devaneos.  Pensei: “joder, cagüeina … seguro que me manda a facer placas”.

Finalizada a exploración  o médico preguntou:

-          ¿Cuándo fue la última vez que hizo una analítica?

(Coño! , … radiografía ¡, analítica ¡ … )

-          Vamos a hacer una analítica y también una placa de la columna … La radiografía se la voy a poner urgente, para que vaya al hospital mañana y se venga ya con ella, sino le podría tardar unos 5 meses. Además le vou a recetar estas vitaminas y ácido fólico, una pastilla cada día en el desayuno.

E aquí estou, non me salva nadie do “circulo sin fin”. Esta mañá almorzei a primeria hora da mañá e tomei as vitaminas. Cheguei ó hospital ás 09:00 h, ainda que tardei uns 40 minutos en ver si podía aparcar. Ó final tiven que entrar polo aro e meterme nunha finca que actúa como un “parking” ilegal deixándote aparcar ó módico precio de 2,00 €. Dentro hai 4 persoas vestidas de amarelo con sendas carteiras de cobrador ós que lle brillan os ollos en canto entra un pringado como eu.

Por  fín cheguei ó hospital e entreguei o papeliño de “urxente”:

-          Sala 2. Espere allí y le llamaran

“¡ Me llamarán ¡” .. pero ¿cando?. Ó sair da casa xa lle dixen á muller:

-          Hoy no me esperéis para comer, voy al hospital a hacerme una radiografía (como antiguamente cando se iba ó frente, ou a navegar, ou a comprar tabaco … :”Si me pasa algo todos los papeles están en los archivadores de la sala …”)

En fin, que son as 10:30 h e o meu calvario só está escomenzando. Perderéi toda a mañá, si todo sae ben, e aquí estou, escribindo esto mentras me pasa o tempo ata que me chamen. Ainda que queda outra, que é a analítica, para dentro dunha seman (non había cita posible antes) …  Bueno,  “¡que dios reparta suerte!”.

As  11:15 h. Me chaman polo meu nome:

-          Vaya a la sala 31 y desnúdese de la parte de arriba. Quítese también la cadena.

Me meto dentro e fago o que me dín. A sala é tan pequeña que apenas hai sitio para sentarse, así que me quedo de pé esperando. Mentras espero me dou conta de que teño a vexiga chea e necesito mesar (“Tardarán moito?, ainda hai outra persoa esperando na outra cabina … eu non me volvo a vestir para ir ó WC ! … vou sair así como estou … “). De repente ábrese a porta de dentro e escoito unha voz:

-          Pase

Entro á sala de máquinas e me indican:

-          Póngase aquí de pié, brazos abajo, cabeza y cuerpo erguidos … así … espere un momento …  no respire …    vale! … ahora póngase de lado mirando para allá … abajo, cabeza y cuerpo erguidos … así … espere un momento …  no respire …    vale! … puede marcharse …  por ahí no!, por la otra puerta . Espere en la sala 1 y ya le llamarán ...

A chica falábame todo dende a cabina, parecía que era a máquina a que te falaba. Logo volvín a ponerme a roupa e fun á sala 1, onde hai que esperar  outro tanto ata que salgan as placas, por si hay que repetir. A mayoría da xente que estaba na sala xa lle habían feito as placas, algún incluso habían chegado máis tarde que eu. Aproximádamente cada 20 minutos iban decindo unha serie de nomes e logo:

-          ¡ Ya pueden marcharse … en una semana los resultados le llegarán a su médico !

Xá van tres tandas de nomes e ningún o meu. Quédome só na sala 1 (“¡ seguro que é porque a mín me van a dar a placa hoxe, e teñen que facer os papeliños e todo iso …  espero non haber collido a hora do café  …!”). Total, que aquí estou. Xa son as 12:15 h e agora xa non ten volta atrás. Só espero que non me digan: “Pase de nuevo a la cabina 31 y desnúdese de la cintura para arriba ! “.

Son as 12:45 h e e xa levo só na sala 1 un rato longo, debo ser o único ó que lle van a dar os resultados para levar. Ven unha chica con un sobre a meu nome, me dá o sobre e … xa está., xa me podo ir. Cando saio da sala abro o sobre e vexo o que hay dentro: 2 radiografías e un informe.  A continuación vou a transcribir o resultado do informe (o resto son datos da ficha):

-          Cambios degenerativos cervicales
-          Pinzamento C5-6
-          Rectificación


Logo ó final do informe pon o nome do radiólogo/a e debaixo o lugar, a data e a coletilla de “Fdo.  Dr./a _____________________” ,  pero sin asinar, claro, non vaia a ser …

Dentro de 15 ou 20 días seguro que estarei moito mellor, en cando acabe os paquetes de vitaminas que me recetou o médico. Él xa terá os resultados das probas no seu poder e intentaréi ir por alí a ver si me dí algo. Seguro que me dí que como me encontró, que non saíu nada de importancia na analítica, …  ¡ Total, que xa me encontró moito mellor !

¡ Qué sorte que vira ó médico o mismo día da cita pola tarde e me poidera atender ó día seguinte …  ! Dende logo, temos unha sanidade cojonuda, non me extraña que EEUU estea intentando copiar o noso sistema !

No hay comentarios:

Publicar un comentario