miércoles, 14 de octubre de 2009

La tarjeta no le pasa ...!

Hoxe en día, e cada vez máis, utilizamos cada vez menos o diñeiro efectivo para facer as compras diarias. Facémolo a través de transaciones electrónicas utilizando como instrumento as tarxetas de crédito, que normalmente coleccionamos como si foran cromos. Por este "servicio" que nos proporciona babilonia pagamos, máis ou menos, según o tipo de tarxeta de que se trate. A tarxeta é tamén o instrumento principal para retirar efectivo do noso diñeiro nos bancos cando o necesitamos. Bueno, todo eso estaría moi ben si ese servicio funcionara correctamente pero, ... ¡amigos! ... todo depende principalmente da banda magnética da tarxeta, que se deteriora con moita facilidade, ademáis de estar supeditada ás forzas magnéticas terrestres.

Hoxe fun a realizar as compras habituáis ó "super" habitual onde facemos as compras. Ó chegar o momento de pagar utilizéi a miña tarxeta e na pantalla do terminal de caixa poñía : "tarjeta no leida". A dependenta volveu a pasar a tarxeta e volveu a sair o mismo mensaxe. Logo meteu a tarxeta nunha bolsa de plástico e volveu a repetir a operación dúas veces máis resultando o mismo mensaxe. A dependenta dixo:

- Mire ... la tarjeta no le pasa !
- Pues es el único sitio en donde me pasa
- Ya pero ... ¡yo no le puedo hacer nada!

Casualmente tiña algo de diñeiro na carteira e paguéi a compra en efectivo. Logo tiven que ir ó banco a coller algo de cartos e aproveitei para que me comprobaran a tarxeta. Pasaron a tarxeta por un terminal de comprobación e escomenzou un baile de números sin control

- La tarjeta está mal, si quiere le pedimos una nueva, le tardará tres días laborables.
- Pero... si estaba correctamente hasta ahora, y siempre la trato con todo el cuidado ...¿cómo se pudo deteriorar?
- Bueno, cualquier rayadura al sacarla de la cartera, al pasarla por un terminal, o también pudo pasar que se haya magnetizado!

Joder! .. claro ... estamos suxetos ás forzas da natureza, neste caso concreto ás da magnetización. A min o que me parece é que Babilonia debería empezar por non cobrarnos un servicio que nos deixa colgados moitas veces (seguro que a máis de un dos que leédes esto vos pasou en algunha ocasión) e aplicar un sistema máis seguro, que bastantes cartos gañan á nosa costa.

¡Qué pode facer a pobre dependenta, ou eu mismo, ante as forzas da natureza! Pois nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario