Mostrando entradas con la etiqueta Para ver e escoitar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Para ver e escoitar. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de agosto de 2011

NHU. 1974-1978. Unha fermosa e curta época

Na época dos '70 en Santiago había unha liña que, dende Rosalia de Castro, pasando pola Praza de Galicia e en dirección Horreo, dividía  a cidade en dúas partes perfectamente diferenciadas: a "zona vella" e a "zona nova" (aquela coma sempre e ésta en plena explosión). Era a época das botas camperas, as melenas e as barbas, e os jerseys de cuello alto en inverno. Eu vivía na zona nova, na última liña de "avance" cara o Sur, que ainda estaba moi preto da zona vella , a 5 minutos, e tódolos días me movía entre unha e outra zona como si fora dun planeta a outro. Era época en que empezaron a xurdir locais co alias de "pub", onde unha das características principáis era que se podía escoitar música mentras charlabas e te tomabas algo (King Crimsonn, Yes, Mahavishnu Orchestra, Pink Floid...),  e toda a zona vella estaba plagada destes locais, envolta nun alo de misterio e bohemia,que ainda perdura algo no tempo.  Si querías un pouco máis de marchita golfa, coa música máis alta, enton tiñas a zona nova (Rolling, Led Zeppelin, Creedence, Deep  Purple, ...). Logo si querías seguir a marcha, xa a partires das tres, tiñas que fuxir ás aforas, rematando ás seis cun polo asado e un "gin kas" nalgún bar de carretera cheo de camioneros e buscavidas. En fin, .... que os tempos cambiaron moito,  máis non en Santiago ... Dylan !.

NHU é un destes grupos raros que a mín me trasladan á zona vella de Santiago daqueles anos.  Música de ambientes e melodías improvisadas, con aires de choiva, bretema  e misterio, marcadas principalmente pola guitarra de Roberto Abal e o hammond de Xurxo Pérez, que lle daban ó son a súa característica persoal. Nadie soaba igual.  Si tuvera que explicarlle a alguen como era ese son diría que  soa a Santiago.

O grupo tivo unha corta vida no tempo (1974-1978), pasando por varios cambios na súa formación orixinal ata a gravación do seu único albun  en 1978. Con este grupo tocaron músicos galegos coñecidos como Xoan Piñón (guitarra eléctrica), Cuchús Alonso (Guitarra clásica) ,  Ricardo Maiz (Batería) ou Emilio Cao (violin). 

Ó pouco de sacar o disco tiven a oportunidade de velos en directo. Foi nas festas do  Colexio Peleteiro. Quedeime principalmente co batería, Xosé Ferreiro  e o baixista Tino Grandío, ós que "seguín" sempre que puden;  naquela época de quinceañeiro, na que eu escomenzaba a interesarme moito pola música, sentín admiración polo que facían. Corrín a merca-lo disco ó día seguinte. O albun non tivo moito éxito de mercado e hoxe a versión e vinilo é un disco de culto e colección. Voltei a velos en ocasiones posteriores, incluso tocando en verbenas e outras gaitas, xa sin Roberto Abal. 

Hoxe é o día que ainda vexo pola rúa a Xosé Ferreiro, que vive no mismo pobo que eu, e póñome triste de ver que a vida non fixo posiblemente xustiza con él. Penso que foron xente noble e desinteresada, que facían o que lles gustaba sin pensaren máis nada; que lles quiten o bailao !. A estrela que moito brilla dura pouco, pero mentras brilla alumbralle o camiño a outros, e por eso eu estoulle agradecido a esta xente, bravos e xenerosos, e vaia dende aquí o meu humilde homenaxe. 


Créditos do disco:

NHU (1978) Zafiro-Novola (Abrente)

"A cousa escomenzou xuntándonos no ano setenta e catro, deixandonos de estudiar e tocando pachanga pra vivir e pagar o equipo nunha rexión atrasada e oprimida máis dunha gran forza na sua naturaleza e no seu clima.
A música foi interrumpida pola mili dos seus compoñentes e hoxe deixase ver a traves das composiciós deste primeiro disco.
Que o grupo hoxe funcione pode ser unha afirmación mais dentro do movemento de comunicación iniciado fai tempo neste planeta de tolos ou simplemente unha maneira de vivir. Tratamos de facer camiño e cantamos en galego porque e un idioma que gústanos.
A nosa música pra vos."
NHU


Temas

1 NA TERRA DO VERDE CHAN (X.Pérez, R.Abal, X.Ferreiro, T.Grandío) 10:22
2 A TITIRITADA (R.Abal, X.Ferreiro, T.Grandío) 2:52
3 FRIKY & ALEXO (R.Abal, T.Grandío) 7:45
4 DOENTE (T.Grandío, X.Pérez) 5:31
5 HAY UN TREN (R.Abal, X.Ferreiro) 5:33
6 A TRANCAS E BARRANCAS (X.Pérez, R.Abal, X.Ferreiro, T.Grandío) 7:05


Ingeniero de sonido : Vicente Cruz 
Ayudantes : Juan Rodriguez, Juan Manuel Garijo
Diseño de portada : Ventura Cores
Fotografía : Anna Turbau
Arreglos : NHU
"Doente" : Voz de Alexo y texto de Frank Echevarría
Producción : Abrente
Ediciones musicales Discorama

jueves, 25 de noviembre de 2010

Catholic Boy. Jim Carroll Band. 1980

James Dennis "Jim" Carroll  (1949-2009) foi un escritor que utilizou moi intelixentemente distintas formas para expresar o que quería decir. Carroll , de ascendencia irlandesa, naceu e Vivíu en Nova York e pasou gran parte da súa mocedade en colexios católicos e xogando a baloncesto. 

En 1978 escribíu The Basketball Diaries, obra autobiográfica na que narra de maneira maxistral e directa a súa época adolescente e a súa viaxe polo lado salvaxe a través da heroina. En 1995 fíxose unha película deste libro, na que o actor Leonardo di Caprio encarna o personaxe de Jim Carroll. A película non é tan interesante como o libro, pero e unha película bastante honesta e boa de ver. Foi o primeiro gran éxito do actor Leonardo di Caprio a nivel internacional (en España cambiouse o título polo de Diario dun rebelde).
O libro tivo unha gran trascendencia no seu momento e descubríu a unha nova promesa da nova literatura americana. A súa narrativa e moi directa e desnuda, case que como a poesía, disciplina que cultivou tamén o autor en cantidade, xa antes de escribir o libro,  a través de performances tanto falados como facendo tamén poemas musicados.

En 1978 foise a California con intención de cambiar de aires e salirse da sua adición á heroina. Alí, animado por Patti Smith, coa que convivíu durante un tempo, para que pusera música ós seus poemas formou a súa propia banda de rock'n'roll : The Jim Carrol Band (que viñan tocando co nome de Amsterdam). Logo en 1980 sacou ó mercado un álbum maravilloso, titulado Catholic Boy. 

O disco ten un son potente e moi empaquetado, cunha banda perfecta para as letras e a forma de recitalas de Carroll. Todas letras son de Jim Carroll e as músicas en colaboración cos distintos membros da banda e outros autores. A portada, feita por Annie Leibovitz, a afamada fotografa neoyorkina está chea de intención, cunha foto de familia excelente.

Listado de cancións

Portada de Annie Leibovitz
  1. "Wicked Gravity" (Jim Carroll) – 4:56
  2. "Three Sisters" (Carroll, Terrell Winn) – 3:19
  3. "Day and Night" (Carroll, Allen Lanier) – 2:22
  4. "Nothing Is True" (Carroll, Brian Linsley) – 3:29
  5. "People Who Died" (Carroll, Brian Linsley, Stephen Linsley, Terrell Winn, Wayne Woods) – 4:59
  6. "City Drops into the Night" (Carroll, Stephen Linsley, Brian Linsley) – 7:23
  7. "Crow" (Carroll, Terrell Winn) – 3:02
  8. "It's Too Late" (Carroll, Wayne Woods) – 3:04
  9. "I Want the Angel" (Carroll, Brian Linsley) – 2:49
  10. "Catholic Boy" (Carroll) – 3:03

A Banda


  • Jim Carroll – voz
  • Brian Linsley – guitarra
  • Stephen Linsley – baixo
  • Terrell Winn – guitarra
  • Wayne Woods – bateria


Personal colaborador no disco

  • Allen Lanier – teclados en "Day and Night" & "I Want the Angel"
  • Bobby Keys - saxofón en "City Drops into the Night"
  • Amy Katner – voz en "Day and Night"
  • Sally, Hilary, Neon, Janet – coros en "People Who Died"
Ahí van dous dos temas principais do disco



Xente que morreu:
Teddy  esnifando pegamento , tiña  12 años, caíu dende a planta 2-9 este. Cathy tiña 11 cando tirou da tapa de 26 “bermellas” e unha botella de viño. Bobby tiña leucemia, 14 años, parecía que tiña 65 cando morreu, él era un amigo meu. 
Esas son xente que morreron , morreron. Esas son xente que morreron , morreron. Esas son xente que morreron , morreron. Esas son xente que morreron , morreron. Eran todos amigos meus ... e  morreron
G-berg e Georgie se deixaron pudrir,  morreron de hepatitis no Alto Manhattan. Sly en Vietnam recibíu un balazo na testa. Bobby morreu dunha sobredose, a noite que se casou. Eran outros dous amigos meus, dous amigos que morreron
----------------------------------------------------------------------------------
Mary  saltou dunha habitación de hotel,  Bobby aforcouse nunha celda no talego, Juddy saltou diante do metro, Eddie cortouse a yugular, e Eddie, extráñote máis que a os outros e eu salúdoche irmá 
---------------------------------------------------------------------------------
Herbie empuxou a Tony dende o teito do Club de Xuventude . Tony pensóu que o seu enfado era unha bobada, pero Herbie fíxolle a Tony unha gran putada. ¡Hey Tony!, dixo Herbie, ¿Podes voar?. Pero Tony non pudo voar, Tony morreu 
--------------------------------------------------------------------------------
Mary  saltou dunha habitación de hotel,  Bobby aforcouse nunha celda no talego, Juddy saltou diante do metro, Eddie cortouse a yugular, e Eddie, extráñote máis que a os outros . Esta canción é para ti meu irmá
Neno católico:

Nacín nunha una piscina, onde puxeron a miña nai, esparraméime contra aquel ciruxano de man tremorosa. Cando vín a luz foi peor que estar aburrido, collín o bisturí do doctor e cortei o cordón 
 
Eu era un neno católico, redimido a través da pena , non da ledicia 

Ós dou mese metéronme nunha incubadora. Gritaba e maldecía ós seus fillos cando pasaban as coidadoras. Declaráronme convicto cando escapei da matriz . Alonxáronme da miña nai a unha celda
-------------------------------------------------
deixáronme sin comer semanas, pensaban que me iban meter medo , alimentábame de sonos, ,doume boas ideas. Cando me deixaron solto, aproveitei ben o tempo, fixen aliados no ceo, e tamen no inferno,

Era un mozo católico , a sangue corría bermella, a sangre corría salvaxe

Fago ós anxos bailar e caer de xionllos, cando entro nuha igrexia os pes dos santos sangran. Entendo o destino de todos os meus enemigos, igual que Cristo en Gethsemane
--------------------------------------------------
Vin os dulces salmos roubados polo coro, soñaba con ósos de mártire  colgados dun alambre, Fago unha contribución, consigo a absolución, fago algo para purificar a miña alma

---------------------------------------------------
Non poden tocarme agora. Teño todo-los sacramentos . Teño o bautismo. Teño a comunión. Teño a penitencia. Teño a extremaunción. Teño a confirmación …

Porque son un mozo católico, con sangue correndo bermella, sangue correndo salvaxe.
Porque son un home católico,  Poño a lengua a andar sempre que poda

domingo, 7 de noviembre de 2010

Tonight's the night. Neil Young 1975

Neil Percival Kenneth Robert Ragland Young, ese é o nome completo de Neil Young, nacíu en Toronto, a capital do estado de Ontario (Canadá), a quinta cidade máis grande de Norteamérica,  o 12 de novembro de 1945. É un dos músicos máis influintes, quizais xunto con Van Morrison o Bob Dylan na actualidade. Ten moita discografía e é dificil escoller un disco, pero eu ainda sigo tendo preferencia por Tonight's the night (1975).

Este disco tuvo todos os visos de rematar sendo a obra maldita de Neil Young. Tardou case que dous anos concretarse  en vinilo. En 1973 Young atravesaba unha mala racha, afectado pola morte de Danny Whitten (ex Crazy Horse) e de Bruce Berry (amigo seu que fora roadie con CSNY, e do propio Young con Crazy Horse e ó que esta dedicada a canción que da título ó disco) e outros problemas personáis,. Nun local propiedade de Ken Berry (irmá de Bruce), o Studio Instrumental Rentals (SIR) , en Santa Mónica Boulevard,  Young reuníu de novo á sección rítmica de Crazy Horse, Ralph Molina (batería) e Billy Talbot (baixo), e a Nils Lofgren (guitarra e piano) e o seu inseparable Ben Keith (Guitarra Steel e voz). Alí, nun ambiente sombrío, sórdido e degradado, embriagados de tequila e sementando o chan coas cinzas da  herba que fumaban,  tiveron lugar as Tonight's Sessions que fixeron a base do que sería o disco de Tonight's the Night. 




Os ensaios do SIR conformaron a base das cancións que darían lustre ó album definitivo, que chamouse así en honor ó tema "Tonight´s the Night "(homenaxe póstumo a Bruce Berry). Outro novo material foron temas como "Mellow my mind", "Speakin'Out", "Tired Eyes" ou "World On A String". Fixeron algúns concertos a raiz de esas Tonight's Sessions, como foi unha pequena minixira europea, como os Santa Mónica Flyers,  limitada ás illas británicas, compartindo cartel cos Eagles. Naqueles anos en Inglaterra estaba fraguándose o movemento punk-rock,  que tivo o seu apoxeo no ano '77. As actuacións dos Santa Mónica Flyers , concretamente a do Hipódromo de Bristol, provocaron un punto de inflexión na mente de xente dese movemento novo, disposto a dinamitar a escena musical británica- Alí estiveron xente como Sid Vicious  e Johnny Rotten, quenes advertiron que o camiño a seguir para romper moldes asemellábase a aquela mixtura de humor, pasión e desenfreno volcada sobre o escenario por Neil Young e os Santa Mónica Flyers, onde concurrían nomes propios de Crazy Horse e dos Stray Gators.


O 23 de novembro de 1973 rematou a tanda de concertos xurdida de as Tonight's Sessions, e Young parecía disposto a meterse no estudio co material en que habían estado traballando nos ensaios e nos escenarios durante os últimos meses.  Warner Bros., a compañía coa que tiña contrato, non estaba moi pola labor de sacar un disco con un Neil Young tan "pesimista", pero dada a insistencia déste e sabendo que era moi prolífico e que este podría ser un disco "mais", cedeu ás pretensiones do artista, ainda que aproveitou para "impoñer" algunhas suxerencias, como o orden das cancións e completar o LP con outros temas, como por exemplo "resucitar" a voz de Danny Whitten, que acompañara a Young e a Molina durante a actuación de Crazy Horze no Fillmore East  de Nova York en marzo de 1970, introducindo o tema grabado en directo "Come On Baby, Let's Go Downtown". Completaban a proposta temas como "Borrowed Tune", "Lookout Joe" (un dos outtakes de Time Fades Away), "Roll another number (For The Road)", "New Mama" e "Alburquerque".. Pero esta "travesía" musical  que arrancara no SIR de Santa Mónica ainda tardaría vintetres meses en rematar en vinilo


A voz do canadiense neste disco parece recollerse cara o lamento, e esa harmónica e o piano de Young cubren todo o disco dun gran contido emocional. Sentimentos encontrados a ritmo de Blues, Folk, Rock e pinceladas de Jazz, un disco ó que Young calificaría de "ovella negra" e, por tanto, merecedor de ocupar un lugar importante na súa obra. A min  gústame Speaking' Out e especialmente ese punteo de guitarra de Nils Lofgren, tamén a voz desgarradora de Young en Mellow My Mind e o conxunto de voces que fan Young, Lofgren e sobre todo Ben Keith en moitos dos temas. En resumo, un disco para recomendar.


NEIL YOUNG - piano, harmonica, guitarra, vibráfono e voz


THE SANTA MONICA FLYERS
Billy Talbot - Baixo
Ralph Molina - Batería e voces
Ben Keith - Guitarra e voces
Nils Lofgren - Piano, guitarra e voces
George Whitsell - Voces


CRAZY HORSE

Billy Talbot - Baixo
Ralph Molina - Batería e voces
Danny Whitten - Guitarra e voz
Jack Nitzsche - Piano eléctrico

THE STRAY GATORS
Tim Drummond - baixo
Kenny Buttrey - Batería
Ben Keith - Guitarra "pedal steel" e voces
Jack Nitzsche - Piano



sábado, 6 de noviembre de 2010

Before the Flood. Bob Dylan & The Band. 1974


Robbie Robertson, Richard Manuel, Rick Danko, Garth Hudson (todos canadienses), e o americano Levon Helm formaron  The Band (antes The Hawks) , que, aparte dalgunhas produccións propias (Music form Big Pink, The Band e o filme The Last Waltz, dirixido por Martin Scorsese ) foi o grupo soporte de Bob Dylan ó longo dunha época creadora do xenio moi importante e longa, tanto en directo como en estudio, comenzando nos Tours de Dylan 1965/66 e continuando ó longo dun periodo moi fructífero, colaborando en  discos no estudio como  Blonde on Blonde (1966), Planet Waves (1974) e The Basement Tapes (1975), e tamén grabacións en directo, como este disco de Before the Flood (1974).

En 1970, o empresario David Geffen fundou Asylum Records, cando apenas contaba 27 anos. Logo de ter un éxito temprano con The Eagles e Joni Mitchell, vendeu a compañía por 7 millóns de dólares, e un ano despois fíxose co control da fusión entre Elektra e Asylum. Por aquela época propúsose convencer a Bob Dylan para que abandonara Columbia. Escomenzou a súa campaña trabando amistade con Robbie Robertson, eonterado de que o guitarrista contaba coa confianza de Bob. Máis adiante foi presentado a Bob e frecuentar a sua compaña en California, onde Bob pasaba parte do ano. Chegaron a un acordo formal polo cal Bob non volvería a firmar con Columbia en canto lle rematara o contrato vixente, e faría un álbun de estudio para Asylum con The Band. Si a cousa saía ben grabaría máis álbuns. Geffen pensaba ademáis promocionar o primeiro álbum organizando unha xira que marcaría a volta de Bob Dylan & The Band ós escenarios. Ademáis tamén grabaríase un álbun en directo dos concertos. O álbun de estudio foi Planet Waves,  grabóuse en pouco tempo en novembro de 1973. Incluido neste álbun está unha das miñas cancións favoritas de Bob Dylan, Forever Young. O álbun en directo foi o resultado da xira de Dylan & The Band "Tour'74", e chamouse Before the Flood.

A xira "Tour '74" escomenzóu en Chicago, o 3 de xaneiro de 1974 e foi a primeira xira de gran aforo na historia do rock. Durante 6 semanas Dylan&The Band actuaron en cuarenta concertos nos teatros e estadios deportivos máis grandes do país. David Geffen promocionou a xira, xunto co empresario Bill Graham, que encargóuse da loxística, e estandarizou as bases para futuros conciertos nacionales de gran embergadura. Os artistas recibían a mayor parte dos beneficios, o que era unha novedad, como tamen o era o tono da propaganda da xira. O precio das entradas tiña unha media de 8 $, alto para a época.. Os beneficios que se acadaron coa vena de entradas ascenderon aproximadamente a 5 millóns de dólares 

Before the Flood sacouse ó mercado en formato de doble LP. Ten unha parte acústica, con Bob tocando a guitarra, harmónica e cantando. A voz soa indignada, atacando o engaño e a hipocresía con unha magnífica e estridente interpretación de It's All Right Ma (I'm Only Bleeding). En pleno escándalo de Waterngate, na época Nixon, a multitude ruxe cando cantou que "ata o presidente dos estados unidos algunhas veces ten que quedarse desnudo". Miles de persoas sostiveron os seus mecheros en alto e encenderon mistos en un acto de solidaridade. Era a primeira vez que un acto así sucedía nun concerto. Barry Feinstein fotografiou o mar de pequenos lumes parpadeantes para a portada do álbum.

Neste disco está, para o meu gusto, a mellor versión do gran tema de Dylan Like a Rolling Stone, con esos maravillosos teclados do increible Garth Hudson. e esa magnífica implicación do público ó cantar o estribillo da canción

Había unha época en que vestías tan elegante
Tirábaslle unha moneda de 10 centavos ós vagabundos
Na primaveira da túa vida ¿non sí?
A xente berraba, decía "coidado moneca, vaste a esnafrar"
Pensabas que estaban tomándoche o pelo
Solías rírte de todos  os que te rodeaban
Agora non falas tan alto
Agora non pareces tan orgullosa
De ter que mendigar a túa próxima comida
¿Qué tal te senta ... estar sin fogar ... como unha completa desconocida ... como un canto rodado?

Bob Dylan - Guitarra, harmónica, piano e voz

THE BAND
Robbie Robertson - Guitarra eléctrica e voz
Garth Hudson - Clarinete
Levon Helm - Batería e voz
Richard Manuel - Piano, piano eléctrico, batería, órgano e voz
Rick Danko - Baixo e voz



jueves, 28 de octubre de 2010

My Aim is True. Elvis Costello. 1977

Declan Patrick Aloysius McManus é o verdadeiro nome deste pernonaxe. Naceu en Twickenham, un suburbio de Londres coñecido polo rugby e pouco máis, o 25 de agosto de 1955. En 1973 instálase en Londres e coñece, entre outros a Nick Lowe, que máis adiante, en 1976, intercederá por él ante Jake Riviera, propietario do sello Stiff, que incluía, entre outros artistas a Nick Lowe, Devo, Dave Edmunds, Dr.Feelgood, Madness, Motorhead, Graham Parker & The Rumour, The Pogues, ...


Foi Jake Riviera o que lle aconsellou cambiar o seu nome artístico daquela de P.D.Costello (en honor á súa aboa paterna) polo de Elvis Costello. Unha das súas fortunas de mozo  foi encontrar a estas dúas personas (Riviera e Lowe) dispostas non só a seguir o seu xogo, senon ademáis a acentuar as súas inclinacións. Lowe fixo de productor e Riviera de fai-de-todo/manager. Naqueles momentos o novísimo sello Stiff escomenzaba, con moi poucos medios, moita improvisación, ganas de facer cousas e moita imaxinación, instalados nun baixo dun edificio do West Side londinense, gracias a un préstamo de Dr. Feelgood.


O primeiro era buscarlle unha banda a Elvis, e para elo puseron un anuncio pedindo instrumentistas para un combo pop.  Logo de moitas audiciones, supervisadas por Andrew Bodnar (de os Rumour) , e en vista da pouca calidade das mismas, decidiron utilizar como soporte .ó grupo californiano de country rock The Clover (liderados por un desconocido Huey Lewis), os cales tiveran a desgracia de chegar a Londres xusto cando o seu tipo de música pasaba de moda: John McFee (Guitarra e pedal steel), John Ciambotti (Baixo e coros) , Mickey Shine (Bateria) e Sean Hopper (teclados e coros)
O 14 de agosto de 1977 sale por fin  o seu fantástico primeiro disco, My Aim is true, que non ten desperdicio ningún. Ademáis dos músicos arriba mencionados, participa tamén Nick Lowe, ademáis de producir o disco, facendo coros e metendo o baixo nunha das cancións do disco. En palabras de Elvis Costello "Stiff crecía de semana en semana, totalmente independiente, sin licencia ninguna de distribución nacional, todo era por correo. My Aim is True se grabó en sesiones de seis horas  porque no había ningún día entero libre en el estudio ... todo era muy improvisado y condicionado por un presupuesto bastante limitado". Elvis debuta coa sua nova banda no Nashville Pub londinense, e o álbun acada o número catorce nas listas inglesas. 


Costello tiña 22 años nesta época, pero dominaba moi ben as poses e formas do rock'n'roll. Non era un punk auténtico, pero destilaba tanta amargura, rabia e impotencia como calquera déles. O disco mostra a condición de perdedor, algo casi novo no rock'n'roll, e que él pode que descubrira no Country. Co movimento punk compartía a rabia e a desesperanza, pero mentras os punks querían terminar con esto de forma radical, Elvis regodeábase na súa dor tocando situacións máis personais, utilizando a provocación para darse a coñecer, pero por motivos moi distintos que os mozos do imperdible.








Este primeiro disco de Costello  foi o primeiro disco que eu merquei, e fíxeno por correspondencia. Ó desembalalo do paquete postal lémbrome especialmente da sorpresa que me causou a portada do disco. Sorprende en primeiro lugar a pose de Costello. Aparece como malhumorado, estriñido, mirando ó frente de maneira hostil, e agarrando unha vella Fender como si lla foran a roubar. Logo arrriba o seu nome con letras grandes bermellas que se confunden hipnóticamente co fondo de axedrez magnético e sopa de letras que, unha vez que ollas millor, daste conta que repite binariamente a frase "Elvis is King". Logo debaixo o título do disco, en letras máis pequenas "My aim is true" ("as miñas intencións van en serio" ...). Dende logo non da a imaxe de tipo ó que lle preguntarías a hora si o vises pola rúa.




Na contraportada a imaxe de Costello e casi contraría, con pinta de ser o irmá tonto de Buddy Holly. Patoso, desgarbado, de movementos aparentemente nada coordinados, e con unhas gafas de talla maior, que parecen de estas de atterezo, con cristales normais, sin graduar. O fondo é dun tono pastel, que contrasta coa foto en blanco e negro. No meu disco o fondo é de cor verde, como o da portada, ainda que en outras edicións sairon en outros tonos. Na parte superior deretita, sin ningunha floritura os títulos das cancións. Ningún dato máis aparece no disco, por dentro unha simple funda de papel blanco e o vinilo no interior, co logo característico de "Stiff"


Puxen o disco no plato e escoitéino todo dun tirón. Sorprendéume moi gratamente ese son de estudio en directo, fresco e con un sentimento positivo, que contrastaban con esas letras rabiosas e a veces desgrarradoras.


Cara 1


"Welcome to the working week" ,  nos da a benvida á semana laboral (Benvido á semana laboral/Sei que non che excita/Espero que non te mate/Benvido á semana laboral/Tes que facelo, estás dentro, así que / Convenche adaptarte). Estamos atrapados na rulleta dun traballo do que outros sacan beneficios.  Moita xente mátase por sobrevivir e non chega nunca o seu gran día


"Miracle Man" fala de que non é un home que poda facer milagros, fracasa na vida de cada día, pero tamén ante unha muller especial (¿Por qué tes que decir que hay sempre alguen/Que o pode facer mellor ca mín/Pero non penses que eu sei que camiñar sobre a auga/No me fará un home milagroso?). A parte final da canción, coa aspera voz de Costello repetindo Home Milagroso con esa convicción e rabia é cojonuda.


"No Dancing" empeza como esas cancións dos anos '50 americanas, para decir que esta noite non vou a follar ... unha vez máis. Recórdame moito ás bervenas cando lle pedías a unha rapaza para bailar e decíache non ... unha vez máis


"Blame it on Cain" sona a música de pub londinense de  finais dos '70. Ideal para escoitar tomando cerveza. Esos fraseos de guitarra ligando perfectamente coa melodía da voz de Costello son sensacionais.


"Alison" é o tema especial do disco. É a única balada  do disco , con uns arranxos musicais simples e una interpretación xenial de Costello . A primeira vez que a escoitas xa te quedas con ela:


Oh¡ é tan divertido verte despois de tanto tempo nena
e tal como che vexo entendo que non estas impresionada
Escoitéi que deixas que ese amiguete meu
te quite o teu vestido de festa
Non vou a poñerme sentimental, como esos pegaxosos "Valentinos" Porque non sei si estas namorada de alguen
 Só sei que non é de min


Alison, sei que este mundo estache matando
Oh Alison, as miñas intencións son sinceras


Bueno, vexo que agora tes un marido
deixoche cos dedos metidos no pastel de boda
tí solias telo nun puño
xuraría que colleu todo o que pudo
A veces desexaría poder impedir que falaras
cando escoito toda-las tonterias que dís
Penso que o mellor sería que alguen apagara as luces
poruqe non soporto verte así




"Sneaky Feelings" pecha primeira cara do disco, unha canción algo máis irónica e de ritmo lixeiro e bailable. A historia en sí non é moi agradable ( ' Agora todos destrozan a casa de outros/antes de que alguen destroce a súa/Véxoche nos meus sonos/Non é que sexa moi divertido/pero é máis seguro ' ). Gustaríalle non sentirse perseguido por esos sentimentos mezquinos, pero ainda ten moito camiño por diante ... Con esta derradeira frase remata a canción repetindoa ata o final, ó estilo de Miracle Man


"Watching the detectives" é un tema que incuíuse na edición americana do LP, tamen no disco editado en España. Grabada coa sección rítmica de The Rumour (Andrew Bodmar, baixo; Steve Goulding, batería) e co piano e órgano de Steve Nieve (que logo formaría parte do grupo The Attractions, grupo que acompañaría a Costello durante 10 anos). Narra a historia dunha rapaza que reserva todo o seu cariño para os policías dun telefilm, mentras o seu amigo suplícalle insistentemente algún favor. Logo de escoitar o primeiro disco de The Clash unhas trinta veces Costello escribíu "watching the detectives". O pulso reggae da canción e as insinuantes líneas de baixo teñen ese toque coa mixtura do punk coa cultura do terceiro mundo










Cara 2


" (The Angels wanna wear my) Red Shoes " é a primeira canción da segunda cara. Elvis trata en vano de divertirse mentras a súa chica vaise co baile a outra parte (Eu ollaba mentras tí bailabas noutro lado/O noso amor rompéuse de tanto vaivén/¿Cómo todo dios quere ser teu amigo?/Sabes que todavía me fai dano só de decilo).






"Less than Zero" é a canción máis abertamente política do álbum. Elvis escribíuno en referencia a Oswald Mosley, acusado de sadismo, brutalidade, homosexualidade, incesto e incluso asesinato. Os yanquis pensaron que se refería a Lee Harvey Oswald, o asesino de Kennedy, o que deu pé  a Costello para escribir outra versión da letra, que tocaron en Dallas


"Mistery Dance" é un puro R&R anos '50 tocado con rabia e a insatisfacción de non poder conseguir lidiar un perfecto romance, a pesar de intentalo unha e outra vez e non quedar satisfeito. En este tema o baixo o pon Nick Lowe, así como algúns toques de piano e baquetas xunto con Costello na parte final da canción.




En "Pay it Back" Costello queixase de que todo parecía vento en popa, pero que alguen debeu mentirlle, así que un destes días tendra que pagar por elo.


"I am not Angry" é un exercicio de ironía de Costello, repetindo que non esta enfadado, a pesares de que a sua amiga encontrou outro xogador que lle mola máis que él (Sei o que estades a facer/Sei onde estivéstedes/Sei donde, pero non me importa/Porque non hay nada mellor que o orixinal).




Para rematar o álbun escolle un tema titulado "Waiting for the end of the world". Elvis espera o findo mundo, e pide a Cristo que volva para arranxar o que empezara ...


En 1993, RykoDisc/Demon saca unha edición deste LP con 13 cancións, incluida unha versión remasterizada de Watching the detectives, e un extended play con tres cancións máis: Radio Sweetheart (remasterizada), Stranger in The House e Imagination (Is A Powerfull Deceiver). Ademáis incluye tamén as primeiras demos (con unha simple guitarra acústica e a voz de Costello) de Mistery Dance e Blame It On Cain,  e outros temas como Cheap Reward, Jump Up, Wave a White Flag e Poisson Moon