Neil Percival Kenneth Robert Ragland Young, ese é o nome completo de Neil Young, nacíu en Toronto, a capital do estado de Ontario (Canadá), a quinta cidade máis grande de Norteamérica, o 12 de novembro de 1945. É un dos músicos máis influintes, quizais xunto con Van Morrison o Bob Dylan na actualidade. Ten moita discografía e é dificil escoller un disco, pero eu ainda sigo tendo preferencia por Tonight's the night (1975).
Os ensaios do SIR conformaron a base das cancións que darían lustre ó album definitivo, que chamouse así en honor ó tema "Tonight´s the Night "(homenaxe póstumo a Bruce Berry). Outro novo material foron temas como "Mellow my mind", "Speakin'Out", "Tired Eyes" ou "World On A String". Fixeron algúns concertos a raiz de esas Tonight's Sessions, como foi unha pequena minixira europea, como os Santa Mónica Flyers, limitada ás illas británicas, compartindo cartel cos Eagles. Naqueles anos en Inglaterra estaba fraguándose o movemento punk-rock, que tivo o seu apoxeo no ano '77. As actuacións dos Santa Mónica Flyers , concretamente a do Hipódromo de Bristol, provocaron un punto de inflexión na mente de xente dese movemento novo, disposto a dinamitar a escena musical británica- Alí estiveron xente como Sid Vicious e Johnny Rotten, quenes advertiron que o camiño a seguir para romper moldes asemellábase a aquela mixtura de humor, pasión e desenfreno volcada sobre o escenario por Neil Young e os Santa Mónica Flyers, onde concurrían nomes propios de Crazy Horse e dos Stray Gators.
A voz do canadiense neste disco parece recollerse cara o lamento, e esa harmónica e o piano de Young cubren todo o disco dun gran contido emocional. Sentimentos encontrados a ritmo de Blues, Folk, Rock e pinceladas de Jazz, un disco ó que Young calificaría de "ovella negra" e, por tanto, merecedor de ocupar un lugar importante na súa obra. A min gústame Speaking' Out e especialmente ese punteo de guitarra de Nils Lofgren, tamén a voz desgarradora de Young en Mellow My Mind e o conxunto de voces que fan Young, Lofgren e sobre todo Ben Keith en moitos dos temas. En resumo, un disco para recomendar.
NEIL YOUNG - piano, harmonica, guitarra, vibráfono e voz
Billy Talbot - Baixo
Ralph Molina - Batería e voces
Ben Keith - Guitarra e voces
Nils Lofgren - Piano, guitarra e voces
George Whitsell - Voces
CRAZY HORSE
Billy Talbot - Baixo
Ralph Molina - Batería e voces
Danny Whitten - Guitarra e voz
Jack Nitzsche - Piano eléctrico
Tim Drummond - baixo
Kenny Buttrey - Batería
Ben Keith - Guitarra "pedal steel" e voces
No hay comentarios:
Publicar un comentario