viernes, 19 de noviembre de 2010

Mitos e lendas

Sábese, pola descripción de autores clásicos, da existencia na Galicia antigua de divinidades relacionadas coa natureza e o mundo astral. A medida que pasou  tempo, a realidade foise facendo rutina, liturxia, con novas connotaciones. Aparecen novos mitos e ritos coa súa codificación relixiosa. Vellas crenzas aparecen ainda hoxe mixturadas con substratos que se foi engadindo cada tempo, cada sensibilidade, como estratificándose nunha lenda, nun conto ou nunha tradición.
Representación da triple deusa celta Brigit
Cada comunidade política, tal vez coincidente cunha bisbarra, estaba presidida por un ou varios nomes protectores (deuses ou mitos). Felipe Senén López e outros, en "Historia de Galicia" (1991) cita un bo número déles. Tamén Blanca García Fernández-Albalat, en "Las rutas sagradas de Galicia" (1999), establece unha relación interesante entre o culto ós deuses celtas na antigua Gallaecia e moitas das nosas costumes, ritos e lendas populares que ainda perduran hoxe. Non faltaban tampouco gardadores da casa, as Ninfas protectoras de fontes, ríos, lagoas, pozos, que en Galicia teñen a mesma significación que en outros paises célticos


Estrabón, un dos primeiros cronistas da antigüedade coñecido, contradícese cando afirma que os galaicos son ateos, e logo narra ceremonias relixiosas. Estos ritos pódense clasificar en varios tipos:

  • Cultos á fecundidade e á abundancia, como por exemplo o fálico, posto de manifesto en esculturas, hórreos, tellados de casas, etc.
  • Ritos funerarios. Inicialmente incinerábanse os cadáveres, depositandos as cinzas en hurnas ou pequenos pozos funerarios, que estaban tapados por unha pedra ou estela circular con símbolos alusivos ó sol e a lúa
  • Augurios. Estrabón subraya as boas mañas dos galaicos que seguían a Anibal para a adivinación. Vós de paxaros ou tripas de sacrificados permitían augurar aspectos do futuro
OS DRUIDAS

Para os celtas, a morte só era un paso de transición a outra vida, o que se chamaría reencarnación ou transmigración. Unha vez mortos a alma entraba nun estadio que estaba entre a vida e a morte, ata que ocupaba outro corpo, ben humano ou tamén animal ou vexetal, o que quere decir que podría transmigrar nunha árbore ou nun lobo. Todas estas crenzas estaban fortemente arraigadas nos celtas, e os seus principáis culpables eran os Druidas.
Os Druidas formaron unha casta sacerdotal, heredeira e protectora das tradicións relixiosas celtas. Profesaban unha filosofía centrada na inmortalidade do ser. O celta morto continuaba vivindo noutro mundo, polo que enterrábase cos seus obxetos familiares. 
Dentro da vida dos demáis celtas exercían de educadores (ainda que o esencial da súa ciencia era secreto), como xuizes e árbitros entre pobos, e como sacerdotes. Tamén a mediciña no ámbito celta era patrimonio dos druidas-médicos (os faithliag). Profesaban e ensinaban unha moral que se resume no seguinte: honrar ós deuses, non obrar mal e comportarse con valor.
Pouco numerosos, tiñan un inmenso prestixio. Vestidos de blanco, practicaban diversos ritos, dos que só se coñece un: a recolección do muérdago. Manuel Murguía, en "Galicia" (1985) comenta o seguinte ó respecto: " ... en nosas supersticións hai todavía importantes restos da súa doctrina e perseveran algunhas das súas prácticas. Recordemos a principal, e polo tanto as ceremonias con que se cortaba o muérdago sagrado. O feito de ser recolleito nun pano blanco encóntrase na crenza da provincia de Ourense, segundo a cal poñendo na noite de San Juan sobre un fento unha servilleta limpa e que non haxa servido, aparece á mañá seguinte cuberta de gnomos ...   Dá máis importancia a esta superstición que ó fento concedéronlle os antiguos condicións médicas maravillosas como pasaba co muérdago, e que á súa semente atribuíaselle poderes máxicos, pois o que a veía caer aprendía tódos os secretos e obtiña o don da profecía (virtudes ambalas dúas privativas do druida."
Unha vez ó ano os druidas reuníanse nunha asamblea xeral. Alí falaban entre outras cousas de dereitos e dos misterios da natureza


Algúns conceptos druídicos:
  • 3 cousas que un home é: o que pensa que é, o que os demáis pensan que é e o que realmente é
  • 3 personas que deben ser respetadas e admiradas: os que aman a natureza, os que queren ós nenos e os verdadeiros artistas
  • 3 cousas que o sabio debe evitar: esperar o imposible, chorar polo irrecuperable, temerlle ó inevitable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario