viernes, 19 de noviembre de 2010

O Val da Mahía

Encóntrase esta comarca natural entre as terras de Santiago de Compostela, polo Levante, o curso do Rio Tambre, que as separa do Val do Dubra e do de Barcala polo Norte, a terra de Barbanza ó Oeste e Veiga de Padrón que a delimita pola rexión meridional.
En términos administrativos comprende o Concello de Ames e o Concello de Brión, ainda que históricamente, e polas súas características xeográficas, habría que engadirlle a parte SE do Concello de Rois.
http://www.infobrion.com
A extensión da Mahía é de case que 172 Km2 (154,7 das parroquias de Ames e Brión e 17,2 das de Rois.
É unha zona de paso ata a costa dende as terras interiores da parte occidental de A Coruña. Por una parte conta con unha arteria fluvial importante (Ríos Tambre, Riamonte e Sar principalmente), e de outra amosa un extenso val que se proxecta en dirección Sur.
A 15-20 minutos por carretera está a costa, por eso a pesar do seu carácter de terra interior, o seu clima ten condiciones propias da zona litoral.
Consérvase a vexetación autóctona dos márxenes dos ríos (ameneiros, salgueiro, etc.), algúns bosques de carballos e sobreiras, ainda que predominan os montes de pino marítimo e as modernas plantacións de eucalipto. Tamén abundan as toxeiras, os breixos e a xesteiras.


Administrativamente, na actualidade, os concellos de Ames e de Brión forman parte da comarca de Santiago, e o concello de Rois da Comarca do Sar. Nos derradeiros anos estáse a producir un cambio importante na maneira de vivir destas dúas comarcas, debido seguramente ó aumento da poboación de outras zonas de Galicia que se van incorporando especialmente  no concello de Ames), xa que estas zonas son limítrofes con Santiago de Compostela e moito máis asequibles para vivir que na capital, o que fai que unha gran parte da xente de edade media que traballa en Santiago viva aquí.


A transformación máis importante douse no concello de Ames, ata o punto de que na actualidade hai moita máis xente de fora que está en postos políticos de relevancia na política local que nativos do propio concello, e a historia propia que había antes de que éles chegaran non se promociona , máis ben parece que se quere crear unha historia nova, de maneira que se está a perder as raices.

1 comentario:

  1. Coincido totalmente co que dis no último parágrafo. Dez anos despois de que escribiras esta entrada segue sendo así, se non foi a peor...
    Un saúdo doutro veciño da Mahía.

    ResponderEliminar