Robbie Robertson, Richard Manuel, Rick Danko, Garth Hudson (todos canadienses), e o americano Levon Helm formaron The Band (antes The Hawks) , que, aparte dalgunhas produccións propias (Music form Big Pink, The Band e o filme The Last Waltz, dirixido por Martin Scorsese ) foi o grupo soporte de Bob Dylan ó longo dunha época creadora do xenio moi importante e longa, tanto en directo como en estudio, comenzando nos Tours de Dylan 1965/66 e continuando ó longo dun periodo moi fructífero, colaborando en discos no estudio como Blonde on Blonde (1966), Planet Waves (1974) e The Basement Tapes (1975), e tamén grabacións en directo, como este disco de Before the Flood (1974).
En 1970, o empresario David Geffen fundou Asylum Records, cando apenas contaba 27 anos. Logo de ter un éxito temprano con The Eagles e Joni Mitchell, vendeu a compañía por 7 millóns de dólares, e un ano despois fíxose co control da fusión entre Elektra e Asylum. Por aquela época propúsose convencer a Bob Dylan para que abandonara Columbia. Escomenzou a súa campaña trabando amistade con Robbie Robertson, eonterado de que o guitarrista contaba coa confianza de Bob. Máis adiante foi presentado a Bob e frecuentar a sua compaña en California, onde Bob pasaba parte do ano. Chegaron a un acordo formal polo cal Bob non volvería a firmar con Columbia en canto lle rematara o contrato vixente, e faría un álbun de estudio para Asylum con The Band. Si a cousa saía ben grabaría máis álbuns. Geffen pensaba ademáis promocionar o primeiro álbum organizando unha xira que marcaría a volta de Bob Dylan & The Band ós escenarios. Ademáis tamén grabaríase un álbun en directo dos concertos. O álbun de estudio foi Planet Waves, grabóuse en pouco tempo en novembro de 1973. Incluido neste álbun está unha das miñas cancións favoritas de Bob Dylan, Forever Young. O álbun en directo foi o resultado da xira de Dylan & The Band "Tour'74", e chamouse Before the Flood.
A xira "Tour '74" escomenzóu en Chicago, o 3 de xaneiro de 1974 e foi a primeira xira de gran aforo na historia do rock. Durante 6 semanas Dylan&The Band actuaron en cuarenta concertos nos teatros e estadios deportivos máis grandes do país. David Geffen promocionou a xira, xunto co empresario Bill Graham, que encargóuse da loxística, e estandarizou as bases para futuros conciertos nacionales de gran embergadura. Os artistas recibían a mayor parte dos beneficios, o que era unha novedad, como tamen o era o tono da propaganda da xira. O precio das entradas tiña unha media de 8 $, alto para a época.. Os beneficios que se acadaron coa vena de entradas ascenderon aproximadamente a 5 millóns de dólares
Before the Flood sacouse ó mercado en formato de doble LP. Ten unha parte acústica, con Bob tocando a guitarra, harmónica e cantando. A voz soa indignada, atacando o engaño e a hipocresía con unha magnífica e estridente interpretación de It's All Right Ma (I'm Only Bleeding). En pleno escándalo de Waterngate, na época Nixon, a multitude ruxe cando cantou que "ata o presidente dos estados unidos algunhas veces ten que quedarse desnudo". Miles de persoas sostiveron os seus mecheros en alto e encenderon mistos en un acto de solidaridade. Era a primeira vez que un acto así sucedía nun concerto. Barry Feinstein fotografiou o mar de pequenos lumes parpadeantes para a portada do álbum.
Neste disco está, para o meu gusto, a mellor versión do gran tema de Dylan Like a Rolling Stone, con esos maravillosos teclados do increible Garth Hudson. e esa magnífica implicación do público ó cantar o estribillo da canción
Había unha época en que vestías tan elegante
Tirábaslle unha moneda de 10 centavos ós vagabundos
Na primaveira da túa vida ¿non sí?
A xente berraba, decía "coidado moneca, vaste a esnafrar"
Pensabas que estaban tomándoche o pelo
Solías rírte de todos os que te rodeaban
Agora non falas tan alto
Agora non pareces tan orgullosa
De ter que mendigar a túa próxima comida
¿Qué tal te senta ... estar sin fogar ... como unha completa desconocida ... como un canto rodado?
Bob Dylan - Guitarra, harmónica, piano e voz
THE BAND
Robbie Robertson - Guitarra eléctrica e voz
Garth Hudson - Clarinete
Levon Helm - Batería e voz
Richard Manuel - Piano, piano eléctrico, batería, órgano e voz
Rick Danko - Baixo e voz
No hay comentarios:
Publicar un comentario