martes, 10 de noviembre de 2009

Novena de Difuntos

O afamado Alfonso Daniel (1886, Rianxo - 1950, Buenos Aires), no seu libro "Cousas", relata dunha maneira moi aguda o ámbito de difuntos, ánimas, aparecidos, etc. 


Dí así:


" Na noite da derradeira novena de difuntos a Eirexa estaba inzada de medos. En cada vela escentilaba unha ánima e as ánimas que non cabían nas velas acesas acochábanse nos currunchos sombrizos e dende alí fitaban ós rapaces e facíanlle carantoñas.
Cada luz que o sacristán mataba era un ánima acesa que se desfacía en fíos de fume, e todos sentíamolo bafo das ánimas en cada vela que morría.
Dende entón o cheiro da cera traime a lembranza dos medos daquela noite.
O abade cantaba o responso diante dunha caixa chea de ósos e no intre de finalo "paternóster" daba comenzo o pranto. Catro homes adiantábanse apartando mulleres enlouquecidas de door e cunha man erguían o ataúde e coa outra enpuñaban unha facha.
A procesión tiña o remate no osario do adro. Os catro homes levaban o ataúde pendurado arrentes do chan e a facha deitada pingando cera por riba dos ósos.
Detrás seguía o enxamio de mulleres ceibando laídos abrouxadores, moito máis arrepiantes que os do pranto nun enterro de afogados. E si as mulleres carpían, os homes esbagullaban calados.
Naquela procesión todos tíñan por quén chorar e todos choraban. E aínda choraba Baltasara, unha rapaza criada pola caridá de todos, que aparecera dentro dun queipo, ó carón dun cruceiro, que non tiña pai nin nai, nin por quén chorar: máis ela foi collida polo andacio do pranto e tamén se desfacía carpindo con tódolosfolgos.


Camiño das casas unha veciña inqueríu á rapaza:

__  ¿Por quén chorabas, Baltasara?

I ela dixo, saloucando:

__ ¿O non ter por quén chorar parécelle pequena desgracia, señora?  "

No hay comentarios:

Publicar un comentario