martes, 10 de noviembre de 2009

Bautismo anticipado

Era unha noite de cans no derradeiro sábado do mes de novembro do ano 1971. O meu primo "Menoto" iba para casa a eso das 23:45 da noite na súa "Bultaco" de 4 tempos (lémbrome que tiña unha pegatina co símbolo "hippie" que poñía: "Fate l'Amore, non la Guerra"). De repente a moto paróuselle xusto ó tomar a curva para coller a Ponte de San Antonio. Baixóu, sacou a ferramenta da moto e dispúsoxe a sacar a buxía para limpala; logo volveu a colocála e escomenzou a chover de maneira torrencial. As luces da ponte non funcionaban e só se notaba a luz da moto, que non daba alumbrado moitos metros xa que a luz do faro reflexaba na grande cantidade de choiva que estaba a caer. De repente, asustoulle unha man por detrás do hombro. Era un home que non dixo nada, mais que sinalar a debaixo da ponte e indicarlle que lle acompañara. Douse da conta de que ó outro lado da ponte había outra persoa, como facendo guardia, e debaixo da Ponte había xente e a luz dun candil. O home díxolle ó oido :

- "Por favor, sé alma cristian e bautiza un neno no vientre da súa nai". 

O Menoto empezou a correr cara a moto e, en menos de 5 minutos, encendéuna, cruzou a ponte e chegou á casa, cando normalmente tardaba dende aquel sitio uns 15; coma si se perseguira a guardia civil ! ...

Eu xa lle escoitara á miña aboa alguhna historia do que ela chamaba o "bautismo pagano". É frecuente nas creenzas populares que, cando a unha muller se lle morren os fillos antes de nacer, xa sexa no vientre materno ou ós poucos días de nacer, debe de bautizalo antes de nacer nunha ponte, e seguindo un ritual, do que forma parte fundamental a primeira persoa que, antes das 12 da noite pase pola ponte . Eso foi o que lle pasou ó meu primo.


Hai na literatura galega moitas historias relacionadas co "bautismo anticipado", por exemplo ésta de Rosalía de Castro:

" ... ____ Pró, ¿qué queredes que faga?, 
bautizar o neno ou nena que Dios e María Santísima  e San Benito lle dean;
pois dous que toubo morreron, e pra que non teña pérda
dest'outro hai que bautizalo un ponc'antes d'a nacéncia.
Un sábado com'e hoxe, por quén pase, vaya ou veña
o ponte, das doce en punto, a badalada-primeira.
Non houbo xa máis remedio, e fomos as escaleiras
do ponte e preto do río collín auga c'a tal meiga
Fíxenll'unha cruz no peito, a modiño e con concencia,
dicindo o que dí o doutrina e como Dios non enseña;
logo fíxenll'outra cruz máis abaixo, e non quixera
o lembrarme d'outro sitio onde fíxen a terceira;
que como era boa moza ¡ Máis d'unha ves se me lembra!

Eu,  antes de cruzar unha ponte de noite, nun sábado a fináis de mes, paro  a unha distancia prudencial e espero a que pasen un par de minutos das doce, por si acaso ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario