martes, 10 de noviembre de 2009

Máis sobre difuntos: A morte e as ánimas

Convaleciente dunha bronquitis aguda me encontro, na cama, neste mes tan fantástico e de recollemento que é novembro, o mes das ánimas, e facendo un pouco de Marcel Proust,  escribo algo máis sobre este tema tan noso do culto ós devanceiros …
O culto a os devanceiros, o respeto ós mortos e a os espectros, e as fúnebres cerimonias que rodean o paso á “outra vida” teñen, sen dúbida, un fondo arraigamento na nosa cultura. A conmemoración dos mortos celebrouse sempre con usos e costumes especiais, dos que  aínda se conservan reminiscencias.
Sendo este un tema do que sería extenso escribir,  e que ten numerosas ramificacións, voume a centrar esquematicamente en 4 “iconos” máis que, xunto co das “almas en pena”, de tan recurrentes , fánseme naturais e significativos. Estos son: O LUME,  A LAREIRA, OS CRUCEIROS e OS PETOS DAS ANIMAS

A IMPORTANCIA DO LUME , non só na cultura galega, pero tamén nesta, o lume ten un carácter sagrado, sendo protagonista en moitas ceremonias  que veñen de tempos ancestrais.
Antigamente o lume debía permanecer prendido todo  o ano no LAR, e procedía da igrexa parroquial o sábado santo á noitiña (o lume novo, orixe de tódolos lumes).
Presidía as veladas das noites de inverno, a onde podían acudir tamén as almas dos mortos a través da chimenea, o que se notaba por lixeiros movimentos das chamas. Por eso non se podía varrer a cociña cara á fora, nin tampouco cuspir no lume.
Tamén cando había enfermos graves prendíanse velas ou lámparas de aceite na mesa de noite.
Con tormentas fortes prendíase lume e queimábanse follas de loureiro, que é a árbore protectora.
Tamén, a noite do 29 de abril ó 1 de maio invocábase o lume recitando himnos para ter boas cósechas.
Prendíase lume no curral en caso de morte ou enfermidade dun animal.
A “santa compaña” tamén porta velas prendidas

Lumes importantes:       Magosto, Entroido, S.Pedro Mártir (1 maio) e San Xoán, sen dúbida o máis importante.

A SIMBOLOXÍA DA TERRA: O LAR OU LAREIRA

Estructura típica dunha casa do rural galego: patio, pallar, horta, casa (cociña e o lar, a alma da cociña)
Toda a casa e a súa estructura formaban un pequeno mundo interior (totalmente ecolóxico, por certo),onde a cociña era a parte central da casa, e o LAR a alma da cociña,
 pois nel se prendía o lume, corazón e punto de encontro da familia.
A noite dun velorio queda aceso o lume da lareira, para quentarse os vivos e tamén as ánimas, que veñen no frío inverno, por iso se botaban anacos de pan ó lume.
Na cea de Noiteboa deixábanse alimentos sobre a mesa, e tamén se poñía un servicio máis e un asento 
libre.

OS CRUCEIROS

A cruz de pedra está nas encrucilladas de camiños e nos atrios das igrexias. En Galicia hai catalogados máis de 1o.ooo, pero ainda se discute da súa orixe e significado. Algúns etnógrafos falan de cristrianización de lugares de inceridumbre, como as encrucilladas. 
Algunhas tradicións falan de bendecir os camiños, outras de sanación para eliminar os males do corpo e do espirito. Tamén hai algunhas lendas populares sobre enterramentos de nenos non bautizados, deixando os familiares algunhas marcas no varal do cruceiro … 
A min recórdanme as lendas dos “blues man” do missisipi, que vendían a súa alma ó demo nun cruce de camiños (“crossroad”) a cambio de adquirir os misteriosos coñecementos do “blues”.

OS PETOS DAS ANIMAS

Unha vez máis a Igrexia Católica demostra a sua gran capacidade recaudatoria aproveitándose do respeto do pobo á morte, pero ete aquí que  o pobo tamén se aproveita por outra banda e lle cobra á igrexa a súa licencia …
Os petos das ánimas son unha máis das manifestacións materiáis do  culto ós mortos, que manifestan a importancia do “purgatorio”,  idea que aparecéu coma uns dos resultados da contrareforma do século  XVI.  A partíres do século XVII aparecen os máis antigos. A súa finalidade consistía en ofrecer limosnas de todo tipo ás ánimas para que poidan  saír do castigo temporal do purgatorio e poidan alcanzar a felicidade do “ceo”.
O curioso de todo e que, a nova devoción supriméu a idea do castigo eterno, asi que, a mediados do século XVII, Galicia xa abandonara a idea do “inferno” para entregarse de cheo á idea do purgatorio, do que os seus queridos mortos poderían liberarse a forza de oracións e de “boas obras”.
A gran mensaxe dos nosos petos das ánimas e que quenes nos encontramos no mundo de eiquí debemos ser “solidarios” cos que estan no “outro lado”. Son curiosas algunhas das inscripcións dalgúns petos, como por exemplo:
“Hermano que vas pasando, mira que penando estamos, para alivio nuestro, vuestra limosna esperamos “

“Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás …”

No hay comentarios:

Publicar un comentario