lunes, 28 de diciembre de 2009

Prisciliano (340-385) . "The way of St. James""


É moi raro que a figura de Prisciliano e a súa doctrina non estea reivindicada nos nosos días. A mocedade actual sorprenderíase seguramente ó saber que no século IV, un galego nacido en Iria Flavia (Padrón) preconizaba o culto á natureza, ou o amor como disfrute lúdico e non só como procreación, e outras ideas "subversivas". 
Na época en que naceu Priscliano , Iria Flavia era un mítico lugar de ancestrales cultos celtas, onde de mozo apasionouse polo gnosticismo (doctrina filosófica e relixiosa dos primeiros séculos da iglesia católica, que pretendía ter un coñecemento das cousas divinas a través da intuición, e non da razón ou a fé).
Tivo o valor de fundar en Burdeos, xunto coa súa esposa Eucrocia e Elpidio, unha especie de comuna nunha finca preta a Burdeos. Era unha comunidade de pensadores, vestían tunicas brancas e adicábanse, entre outras moitas labores, á recolección de pedras sagradas (abraxas) en antiguas covas prehistóricas de Aquitania. Amantes da noite, traballaban á luz da lúa, para incrementar a luminaria do lume, tal como facían os antiguos celtas, que adoraban o plenilunio.. Resulta curioso comprobar hoxe en día como as súas ideas podrían conectar co movemento "hippy" de finais dos '60 en EEUU, e tamen con moitos dos postulados dos ecoloxistas e naturalistas actuáis.
A identificación de Prisciliano coa Natureza, o seu ascetismo, seu intento de controlar a mente e o corpo a través do coñecemento, incluso a meditación feita en posicións verticáis, o mesmo  que algúns "yoguis", contribuyen a que a súa personalidade resulte hoxe enormemente suxestiva, especialmente para a xente moza.
Os biógrafos de Prisciliano descríbeno como un personaxe rico, inxenioso e seductor. Procedente de noble familia estaba dotado ademáis dunha grande simpatía, e dominaba o arte da palabra, así como as artes máxicas, nas que tamén os celtas foron maestros consumados. Para él a muller tiña o seu propio sitio ó marxen do rol convencional que para éla estableceron os homes, polo que foi seguido por moitas patricias de Aquitania, unha das cales, Eucrocia, casaría con él. 
Os escritos de Prisciliano son de gran valor literario, e a súa doctrina extendéuse rápidamente, non só por Gallaecia, senon por Lusitania, a Bética e as Galias. A verdade e que, gracias ó feito priscilianista, Galicia aparece influindo por primeira e única vez na historia de Occidente.
¿En qué se basa esa doctrina para atraer con tanta forza a uns e outros, incluida unha boa parte da Igrexia Católica?. Os historiadores non se poñen de acordo no que podemos chamar o "enigma priscilianista", pero o que sí parece claro é que o padronés basou a súa doctrina nunha combinación da gnosis oriental con elementos do pandeismo celta. Predicóu a pobreza como virtude e os evanxelios apócrifos, ampliando co paso do tempo o número de seguidores entre as élites culturáis e de poder.
Obviamente un personaxe de este tipo non podía andar solto, así que foi perseguido e acusado de bruxería, escándalo amoroso ... a acusación e herexía xa estaba plantexada. Foi tan grande a súa influencia que foi perseguido polas máis altas instancias da Iglesia Católica e, ainda que el nunca se rendíu ás falsas acusaciones dos seus enemigos, estaba predestinado a un destino fatal, irreversible. Sus enemigos intrigan, difaman e entretexen unha maraña da que Prisciliano non se desenredaría xamáis.
No ano 385 Prisciliano chega a Tréveris, onde é acusado, a través do prefecto do emperador, Evodio, da práctica de rituáis máxicos que incluen danzas nocturnas, o uso de herbas abortivas e a práctica da astroloxía cabalística. Prisciliano confesa, baixo tortura, e, xunto con outros seguidores, morren decapitados, convertíndosenos primeiros herexes axusticiados pola Igrexia Católica a través dunha institución civil.
Con Prisciliano morre a lenda herética y nace a secreta historia de Prisciliano e os seus discípulos. O mevemento herético mantívose alomenos dous séculos máis, sobor de todo na sua Gallaecia de orixe, como o demostran os sucesivos concilios convocados para tratar este tema.
Ós catro anos da súa morte un grupo de seguidores galegos chega á cidade alemana de Tréveris e reclaman o corpo de Prisciliano para transportálo á sua hermética terra de druidas e darlle sepultura. O corpo e levado ó longo da Galia a  Hispania, percorrendo "casualmente" un itinerario que, co paso dos séculos convertiríase na ruta xacobea, o hoxe popular Camiño de Santiago. Prisciliano foi inhumado na súa terra natal, Iria Flavia. Posiblemente os seus restos mortais pasarían séculos despois, á cripta da catedral de Santiago de Compostela, baixo o velo protector da lenda de Santiago Apóstolo.
Non é posible, poi, adentrarse no laberinto galego sin coñecer a figura de Prisciliano, e a mensaxe e significado da súa doctrina. Todas estas dudas aparecen reflexadas de algunha maneira na película de Luis Buñuel titulada La Voie Lactée


sábado, 26 de diciembre de 2009

La coz cantante

Tom Waits é un deses personaxes únicos e inclasificables. Intérprete das súas neuras e con unha gran facilidade para emocionar. As súas letras están cheas de poesía, directa e sin florituras inútiles, como a súa música, describindo situacións cotidianas como nadie. Un exemplo é este tema do seu primeiro disco (Closing Time, 1973), titulado "I hope that I don't fall in love with you" (espero non namorarme de tí). Fai poucos días estiven votando unha ollada na libreria á que vou a menudo, e merquei o derradeiro libro sobre Tom Waits,  que titúlase "La coz cantante. Biografía en dos actos". Barney Hoskyns (2009). Recomendable para todo aquel que se interese por este personaxe.



Bueno, espero non namorarme de tí, 
porque namorarme sempre me pon triste
a música soa e tí ábresme o teu corazón
teño unha cerveza e agora escoito que me chamas pa que entre
e espero non namorarme de tí

A sala esta petada, xente por todas partes
pregúntome, ofrecereille unha silla?
si te sentas con este vello clown non desconfíes
antes de que a tarde remate, creo que podemos facélo
e espero non namorarme de tí


A noite produce cousas divertidas nun home
vellos sentimentos de macho que tí non entendes
Volto a mirarte, tí encendes un cigarrillo
pediríache un, pero non nos coñecemos de nada
e espero non namorarme de tí


Xa vexo que estás sóa, coma mín
tarde o temprano querrás compañía
Volvo a mirarte, e tí te miras cara a mín
o tío co que estás está separado de tí, a silla ó teu lado esta baleira
e espero que tí non te namores de mín


É a hora do peche, están baixando a música
última ronda, tomarei outra forte
voto unha ollada para verte e ti xa non estás
búscoche por todos os lados, espero ter outra oportunidade
e penso que acabo de namorarme de tí


viernes, 25 de diciembre de 2009

Andrés do Barro (Ferrol, 1947-1989). O comenzo do "Pop" galego

Personaxe misterioso onde os haxa. Entre 1970 e 1975 publicóu 4 LP's (Me llamo Andrés Lapique do Barro 1970, Andres do Barro 1974, Señora mía  1975 e ¡Pum!  1975)  e tamén fixo unha película (La Red de mi Canción 1971) . No seu primeiro disco escribíu : "Me llamo Andrés Lapique do Barro y os presento unas cuantas de mis canciones. Hoy son en gallego porque así las he sentido y porque quiero colaborar con todo interés y cariño a dignificar mi idioma materno, caído durante muchos años en el más cruel menosprecio”.


Hoxe ten algúns seguidores, e incluso adoradores, e está considerado como un icono do pop galego. En 1976 deixóuno todo e entrou nunha época de declive, drogas e alcohol incluidos. Residéu en  México ata 1984, e finou en decembro do 89, víctima dunha cirrosis. 
É un destes personaxes do que nadie fala mal, pero que moi poca xente sabe cousas dél. 

sábado, 28 de noviembre de 2009

O músculo financieiro de Galicia

Levan días coa cantarela da fusión entre as dúas "caixas" en Galicia. O problema é de alto calado e trasfondo para todos nós, non hai máis que escoitar tóda-las conversacións na carnicería, pescadería, nos bares, etc ... ¡non se fala doutra cousa!.
No mentireiro leín o seguinte: "Es el músculo financiero de Galicia lo que está en juego. Si las dos entidades se suman Galicia se fortalecerá". 
¿Cál será o fondo da cuestión?. Están facéndonos creer que se trata de unha loita política norte-sur, A Coruña contra Vigo, o Celta contra o Deportivo ... qué é unha loita de partidos políticos entre BNG, PP e PSOE, metidos nos consellos de administración de amba-las dúas caixas galegas ...  Eu non teño moita idea de economía, pero penso que os tiros van por outro lado distinto. O tema máis ben penso que é que, nin Caixa Galicia nin Caixa Nova teñen unha boa xestión nas súas entidades, é decir, as dúas estan ó borde da banca rota debido ás súas nefastas inversións, e nestes tempos difíciles o que está a piques de suceder é que si non se crea  unha entidade máis competitiva, fusionándose entre elas, frente ás outras nacionáis tanto unha como a outra  veránse abocadas a fusionarse con entidades de fora para poder sobrevivir. Si esto sucedera se acabaría o chollo para os partidos rexionales galegos ...
Unha vez máis babilonia xoga co noso diñeiro e, mentras éles non deixan de cobrar os seus pingües beneficios, cando as cousas saen mal, temos que sacálos nós do lío en que se meteron éles.
O seguinte debería ser  que as tres universidades (de momento) se fusionaran, e logo que en cada pobo de Galicia só hubera unha asociación de comerciantes, ou de mexilloeiros, unha sóa comisión de festas, etc. 


Buceando en YouTube encontréi este video que me parece cojonudo


sábado, 14 de noviembre de 2009

La Voz


José “Pucho” Boedo (1928-1986) fue un cantante  mito de la música gallegaNació en el barrio Ventorrillo de La Coruña, en 1928. Era hijo de Xosé Boedo, miembro de la C.N.T., asesinado en el 36, cuando Pucho tenía nueve años. Un año después su hermano José Antonio Boedo Núñez era también fusilado. Otro hermano, Manuel Boedo, con sólo dieciseis años, consiguió huir. Con el tiempo se reencontrarían los dos hermanos.
A finales de los cuarenta empezó a cantar , ganó un concurso radiofónico y fue fichado por la orquesta Los Trovadores, de Alfonso Saavedra. Todos quedaron emocionados con su voz. Se hizo profesional, al principio con este grupo, y después con Los Satélites. Con ellos viajó a Venezuela, la primera vez que una orquesta gallega cruzaba el Atlántico. Al regresar de su vuelta por América, Los Satélites traerían a la verbena el poder de la música tropical, veinte años antes de que en Nueva York se inventase la palabra salsa. Pucho, mientras tanto, se quedó en Venezuela.
Volvió para juntarse de nuevo con Los Trovadores, que tocaban en Madrid en invierno. Con ellos, grabó los primeros discos. Pero sería a partir de su incorporación a  Los Tamara, llamado por Prudencio Romo, cuando se haría popular y llegaría a ser, como se dice en el documental en su honra: “El crooner del fin del mundo”. Cantó boleros, rancheras, jotas,  tangos, canción italiana y merengues. Actuó en el Olimpia de Paris,  compartiendo escenario con  Charles Aznavour y  Jacques Brel. En Suiza, entre las comunidades de emigrantes, su voz protagonizó el renacimiento de la canción en gallego. Le puso música a los versos de  Curros Enriquez, Celso Emilio Ferreiro y Rosalía de Caastro
Los años de púrpura duraron hasta 1976, año en que dejó  Los Tamara  por padecer de problemas renales. 

Pucho Boedo tenía una personalidad desbordante, y ya no sólo cuando cantaba, sino también cuando se bajaba del escenario y se ponía a la altura del resto de los mortales. El rockero  Miguel Ríos, uno de sus mejores amigos durante su periplo madrileño, decía de él que era un “atleta de la noche” y, en “Un crooner na fin do mundo”, confiesa que seguir su ritmo de galopadas noctámbulas le resultaba en ocasiones totalmente imposible: se acostaba a la hora en la que los obreros acudían a sus puestos de trabajo y, sin embargo, esa misma noche, su voz no se resentía en absoluto.


Al margen del aspecto físico, no cabe duda de que su enfermedad, una insuficiencia renal, supuso un durísimo golpe moral para Pucho Boedo. En 1976 todavía no existían en Galicia las máquinas de las diálisis, pero Boedo tenía muchos amigos y uno de ellos, el ex futbolista Amador, propietario del restaurante “Casa Galega” en Palma, le recibió con los brazos abiertos en Mallorca, donde el hombre de la “voz dorada” residió cuatro años.

De nuevo en Galicia, Pucho Boedo era consciente de que no le quedaba mucho tiempo en este mundo, pero aún así canto todo lo que pudo y más, y, sobre todo, apuró la vida hasta el final. Dicen que “O vello e o sapo”, con letra del poeta Curros Enríquez, era su canción preferida: fue la última que interpretó aquel fin de año. Se fué en el año 1986.


El misterioso grupo de Santiago de Compostela  Los Miserables rindió homenaje a La Voz en su tema titulado "Tú no eres un Pucho Boedo" . El tema fué compuesto en el  tiempo en que Pucho ya estaba muy mal, pasaba más tiempo en el hospital que en casa





Tú no eres un Pucho Boedo Los Miserables 1985)

Siempre quieres llegar el primero
Recurres a la gente sólo por dinero
Pierdes el tiempo bebiendo en las barras
Comiéndote el mundo sólo de palabras
Te interesas por posturas políticas
Que nunca sabes justificar

Por eso tú no eres un Pucho Boedo

Pisas fuerte sin ningún cuidado
Los clavillos que luces te mantienen enclavado
Sigue adelante, hazte otro cacharro

Por eso tú no eres un Pucho Boedo
Tú no eres un Pucho Boedo

El está cojo, pero puede saltar
Sin pulmones, pero puede cantar
Nacido para perder
Él sí es Pucho Boedo

Está cansado, pero puede amar
Está hundido, pero puede flotar
Nacido para perder
Él sí es Pucho Boedo

Pucho Boedo!! ... Pucho Boedo!!
Pucho Boedo!! ... Pucho Boedo!!

miércoles, 11 de noviembre de 2009

O tema do idioma ... e aljo máis

¿Cal é a diferencia entre :"El número de parados subió en Galicia más del 50 % en un año, hasta los 162.700 desempleados" ou, dito doutra forma: "O número de parados subíu en Galicia máis do 50% nun ano, ata os 162.700 desempregados"...

Gustaríame moito falar do tema do idioma, máis ... a verdade ... ¡ no me apetece nadita !. Unha imaxe vale máis que 1000 palabras !
Políticamente falando (incorrectamente por suposto) temos representantes nacionalistas no parlamento que están a traballar por una Jalisia millor, por si lles vale ahí van algúns consellos para consejir pouco a pouco una carrañita más !!...

Many rivers to cross ...

YouTube matou á estrela da TV. 
O personaxe "Tojeiro" ten case que o seu propio espacio. Frases lapidarias como "mécharon droja en el cocacau", ou "secrificio", "en compló, pa revolver", "prustitación" o "dinero mucho mejor", confirman a este personaje como un gran generador de recursos

Asercándome a la puerta me dijo: "Te fendo de arriba abajo, pero en ves de fenderme a min fendió a la moto".
Hay que hablar claro. Las cosas son claras, que non quiero nin hablar contra uno nin contra otro ...
¡ Eran voses que no eran de este mundo ...!

Dios mio querido !, ¡ moitos ríos nos quedan ainda por remontar! 

martes, 10 de noviembre de 2009

Novena de Difuntos

O afamado Alfonso Daniel (1886, Rianxo - 1950, Buenos Aires), no seu libro "Cousas", relata dunha maneira moi aguda o ámbito de difuntos, ánimas, aparecidos, etc. 


Dí así:


" Na noite da derradeira novena de difuntos a Eirexa estaba inzada de medos. En cada vela escentilaba unha ánima e as ánimas que non cabían nas velas acesas acochábanse nos currunchos sombrizos e dende alí fitaban ós rapaces e facíanlle carantoñas.
Cada luz que o sacristán mataba era un ánima acesa que se desfacía en fíos de fume, e todos sentíamolo bafo das ánimas en cada vela que morría.
Dende entón o cheiro da cera traime a lembranza dos medos daquela noite.
O abade cantaba o responso diante dunha caixa chea de ósos e no intre de finalo "paternóster" daba comenzo o pranto. Catro homes adiantábanse apartando mulleres enlouquecidas de door e cunha man erguían o ataúde e coa outra enpuñaban unha facha.
A procesión tiña o remate no osario do adro. Os catro homes levaban o ataúde pendurado arrentes do chan e a facha deitada pingando cera por riba dos ósos.
Detrás seguía o enxamio de mulleres ceibando laídos abrouxadores, moito máis arrepiantes que os do pranto nun enterro de afogados. E si as mulleres carpían, os homes esbagullaban calados.
Naquela procesión todos tíñan por quén chorar e todos choraban. E aínda choraba Baltasara, unha rapaza criada pola caridá de todos, que aparecera dentro dun queipo, ó carón dun cruceiro, que non tiña pai nin nai, nin por quén chorar: máis ela foi collida polo andacio do pranto e tamén se desfacía carpindo con tódolosfolgos.


Camiño das casas unha veciña inqueríu á rapaza:

__  ¿Por quén chorabas, Baltasara?

I ela dixo, saloucando:

__ ¿O non ter por quén chorar parécelle pequena desgracia, señora?  "

Bautismo anticipado

Era unha noite de cans no derradeiro sábado do mes de novembro do ano 1971. O meu primo "Menoto" iba para casa a eso das 23:45 da noite na súa "Bultaco" de 4 tempos (lémbrome que tiña unha pegatina co símbolo "hippie" que poñía: "Fate l'Amore, non la Guerra"). De repente a moto paróuselle xusto ó tomar a curva para coller a Ponte de San Antonio. Baixóu, sacou a ferramenta da moto e dispúsoxe a sacar a buxía para limpala; logo volveu a colocála e escomenzou a chover de maneira torrencial. As luces da ponte non funcionaban e só se notaba a luz da moto, que non daba alumbrado moitos metros xa que a luz do faro reflexaba na grande cantidade de choiva que estaba a caer. De repente, asustoulle unha man por detrás do hombro. Era un home que non dixo nada, mais que sinalar a debaixo da ponte e indicarlle que lle acompañara. Douse da conta de que ó outro lado da ponte había outra persoa, como facendo guardia, e debaixo da Ponte había xente e a luz dun candil. O home díxolle ó oido :

- "Por favor, sé alma cristian e bautiza un neno no vientre da súa nai". 

O Menoto empezou a correr cara a moto e, en menos de 5 minutos, encendéuna, cruzou a ponte e chegou á casa, cando normalmente tardaba dende aquel sitio uns 15; coma si se perseguira a guardia civil ! ...

Eu xa lle escoitara á miña aboa alguhna historia do que ela chamaba o "bautismo pagano". É frecuente nas creenzas populares que, cando a unha muller se lle morren os fillos antes de nacer, xa sexa no vientre materno ou ós poucos días de nacer, debe de bautizalo antes de nacer nunha ponte, e seguindo un ritual, do que forma parte fundamental a primeira persoa que, antes das 12 da noite pase pola ponte . Eso foi o que lle pasou ó meu primo.


Hai na literatura galega moitas historias relacionadas co "bautismo anticipado", por exemplo ésta de Rosalía de Castro:

" ... ____ Pró, ¿qué queredes que faga?, 
bautizar o neno ou nena que Dios e María Santísima  e San Benito lle dean;
pois dous que toubo morreron, e pra que non teña pérda
dest'outro hai que bautizalo un ponc'antes d'a nacéncia.
Un sábado com'e hoxe, por quén pase, vaya ou veña
o ponte, das doce en punto, a badalada-primeira.
Non houbo xa máis remedio, e fomos as escaleiras
do ponte e preto do río collín auga c'a tal meiga
Fíxenll'unha cruz no peito, a modiño e con concencia,
dicindo o que dí o doutrina e como Dios non enseña;
logo fíxenll'outra cruz máis abaixo, e non quixera
o lembrarme d'outro sitio onde fíxen a terceira;
que como era boa moza ¡ Máis d'unha ves se me lembra!

Eu,  antes de cruzar unha ponte de noite, nun sábado a fináis de mes, paro  a unha distancia prudencial e espero a que pasen un par de minutos das doce, por si acaso ...

Máis sobre difuntos: A morte e as ánimas

Convaleciente dunha bronquitis aguda me encontro, na cama, neste mes tan fantástico e de recollemento que é novembro, o mes das ánimas, e facendo un pouco de Marcel Proust,  escribo algo máis sobre este tema tan noso do culto ós devanceiros …
O culto a os devanceiros, o respeto ós mortos e a os espectros, e as fúnebres cerimonias que rodean o paso á “outra vida” teñen, sen dúbida, un fondo arraigamento na nosa cultura. A conmemoración dos mortos celebrouse sempre con usos e costumes especiais, dos que  aínda se conservan reminiscencias.
Sendo este un tema do que sería extenso escribir,  e que ten numerosas ramificacións, voume a centrar esquematicamente en 4 “iconos” máis que, xunto co das “almas en pena”, de tan recurrentes , fánseme naturais e significativos. Estos son: O LUME,  A LAREIRA, OS CRUCEIROS e OS PETOS DAS ANIMAS

A IMPORTANCIA DO LUME , non só na cultura galega, pero tamén nesta, o lume ten un carácter sagrado, sendo protagonista en moitas ceremonias  que veñen de tempos ancestrais.
Antigamente o lume debía permanecer prendido todo  o ano no LAR, e procedía da igrexa parroquial o sábado santo á noitiña (o lume novo, orixe de tódolos lumes).
Presidía as veladas das noites de inverno, a onde podían acudir tamén as almas dos mortos a través da chimenea, o que se notaba por lixeiros movimentos das chamas. Por eso non se podía varrer a cociña cara á fora, nin tampouco cuspir no lume.
Tamén cando había enfermos graves prendíanse velas ou lámparas de aceite na mesa de noite.
Con tormentas fortes prendíase lume e queimábanse follas de loureiro, que é a árbore protectora.
Tamén, a noite do 29 de abril ó 1 de maio invocábase o lume recitando himnos para ter boas cósechas.
Prendíase lume no curral en caso de morte ou enfermidade dun animal.
A “santa compaña” tamén porta velas prendidas

Lumes importantes:       Magosto, Entroido, S.Pedro Mártir (1 maio) e San Xoán, sen dúbida o máis importante.

A SIMBOLOXÍA DA TERRA: O LAR OU LAREIRA

Estructura típica dunha casa do rural galego: patio, pallar, horta, casa (cociña e o lar, a alma da cociña)
Toda a casa e a súa estructura formaban un pequeno mundo interior (totalmente ecolóxico, por certo),onde a cociña era a parte central da casa, e o LAR a alma da cociña,
 pois nel se prendía o lume, corazón e punto de encontro da familia.
A noite dun velorio queda aceso o lume da lareira, para quentarse os vivos e tamén as ánimas, que veñen no frío inverno, por iso se botaban anacos de pan ó lume.
Na cea de Noiteboa deixábanse alimentos sobre a mesa, e tamén se poñía un servicio máis e un asento 
libre.

OS CRUCEIROS

A cruz de pedra está nas encrucilladas de camiños e nos atrios das igrexias. En Galicia hai catalogados máis de 1o.ooo, pero ainda se discute da súa orixe e significado. Algúns etnógrafos falan de cristrianización de lugares de inceridumbre, como as encrucilladas. 
Algunhas tradicións falan de bendecir os camiños, outras de sanación para eliminar os males do corpo e do espirito. Tamén hai algunhas lendas populares sobre enterramentos de nenos non bautizados, deixando os familiares algunhas marcas no varal do cruceiro … 
A min recórdanme as lendas dos “blues man” do missisipi, que vendían a súa alma ó demo nun cruce de camiños (“crossroad”) a cambio de adquirir os misteriosos coñecementos do “blues”.

OS PETOS DAS ANIMAS

Unha vez máis a Igrexia Católica demostra a sua gran capacidade recaudatoria aproveitándose do respeto do pobo á morte, pero ete aquí que  o pobo tamén se aproveita por outra banda e lle cobra á igrexa a súa licencia …
Os petos das ánimas son unha máis das manifestacións materiáis do  culto ós mortos, que manifestan a importancia do “purgatorio”,  idea que aparecéu coma uns dos resultados da contrareforma do século  XVI.  A partíres do século XVII aparecen os máis antigos. A súa finalidade consistía en ofrecer limosnas de todo tipo ás ánimas para que poidan  saír do castigo temporal do purgatorio e poidan alcanzar a felicidade do “ceo”.
O curioso de todo e que, a nova devoción supriméu a idea do castigo eterno, asi que, a mediados do século XVII, Galicia xa abandonara a idea do “inferno” para entregarse de cheo á idea do purgatorio, do que os seus queridos mortos poderían liberarse a forza de oracións e de “boas obras”.
A gran mensaxe dos nosos petos das ánimas e que quenes nos encontramos no mundo de eiquí debemos ser “solidarios” cos que estan no “outro lado”. Son curiosas algunhas das inscripcións dalgúns petos, como por exemplo:
“Hermano que vas pasando, mira que penando estamos, para alivio nuestro, vuestra limosna esperamos “

“Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás …”

lunes, 2 de noviembre de 2009

A noite de difuntos


Segundo as nosas vellas tradicións, as almas viñan á terra no "día de defuntos" con moi diversas fins. Por iso nuns lugares púñanlles de comer, para que non pasasen fame; noutros botaban ese día un gran pao ao lume, para que quentasen no caso de teren frío; noutros era considerado pecado varrer pola noite a cociña porque se lles daba para atrás, impedíndo-lles que se acheguen á lareira; e noutros tense por acción inhumana pechar de golpe as cancelas ou portelos, porque se mancaban
Se se busca nos libros de etnoloxía polas celebracións que se fan en Galiza con ocasión do "día de defuntos" atoparemos unha serie de costumes ancestrais própias . Desde o deixar un óco na mesa ou racións de comida e/ou bebida para os defuntos até facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, ...) lembrarán-nos que tamén era habitual polo día de Defuntos coller cabazas, tallar-lles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixa-las nos camiños para asustar aos viandantes. Todo isto con ocasión da festa dos Defuntos, o dous de novembro. Eu, realmente, ós meus vellos 50, do que máis me lembro é dos ceminterios cheos de flores e velas e cun ambientaso increible, tanto de día coma de noite. Ó lado das tumbas dos seus mortos tiñan lugar entre os presentes, coma nun verdadeiro velatorio, relatos e historias transcendentáis, tanto da vida coma da morte.

Todo isto, así como sona, non vende nada (máis ben penso que non é o noso  vendélo, nos só somos bós na distribución), pero si remesemos algo por ahí seguro que lle podemos encontrar algo de proveito, como por exemplo:


" Estas costumes coinciden coa americana de Halloween e aínda co máis antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior ... "

Así, desta maneira, ligamos con Irlanda e as nacións celtas, algo polo que unha parte de Galicia "babea" dende fai tempo, co desdén e a indiferencia das chamadas "nacións celtas". Dentro de pouco aparecerá tamén algún descubrimento etnolóxico que demostrará que os nosos ancestros tamen portaban faldras con cuadros e cores determinados, pero seguro que non as venderán en Zara , importarémolas de Escocia, ou Irlanda, como o marisco...

Si xuntamos esto con outro dos mitos galegos por excelencia, a "Santa Compaña" poderíamos ter algo coma isto:

" Segundo a tradición galega, probabelmente de orixe celta, o cortello da Santa Compaña compoñen-o os espectros dos mortos que saen cada noite sobre os doce, alumeados cada un cunha tea acesa e partindo dunha igrexa inician o seu percorrido. Nalgunhas versións, diante da Compaña vai un cristián acompañando-a e portando unha cruz e, para se librar dela, debe esperar a que outro cristián se cruce no seu camiño; daquela entregará a éste a cruz que levará durante o resto da sua vida, de non ser que se cruce con outro. Disque saen a visitar aos vivos e a lles anunciaren que en menos dun ano lles chegará a morte. Os mortais temen atopar-se con ela por medo de que sexan os escollidos. Noutras versións, o personaxe que precede a todo o cortello fúnebre se denomina Estadía, e é unha representación da Morte.
Tamén se di nalgures que a Santa Compaña vai encabezada por un dos seus participantes portando non unha cruz, senón un caldeiro (que a tradición cristianizou axiña como cheo de auga bendita!), o que poderia simbolizar o caldeiro da rexeneración celta. Os herois segundo a mitoloxía celta ao introducir-se no caldeiro proban a virtude purificadora e remozadora do lume, unha representación que entón perduraria no Purgatório cristián xa que a tradición da igrexa fala de "lume purificador". No caldeiro os elementos entran nun estado e saen noutro, sendo tamén unha imaxe do ventre materno. A igrexa ortodoxa celebra o bautismo de Cristo o mesmo dia da sua Natividade, o 6 de xaneiro, porque o bautismo é un voltar a nacer das cinzas; por iso existe a imposición da cinza o día de de Mércores de cinza, como comezo do ciclo cuaresmal (primavera), ao igual que se fai no Entroido. Na mitoloxía clásica o seu equivalente sería a Ave Fénix, que renace das suas cinzas. ... "

A mín particularmente me gusta máis a explicación que nun centro educativo de Rianxo lles daban ós nenos pequenos nestas datas de difuntos, a cal transcribo:

" FAI MOITOS ANOS, NOS TEMPOS DOS AVÓS DOS NOSOS AVÓS, NON HABÍA CARRETERAS NIN CAMIÑOS  ASFALTADOS NIN TAMPOUCO HABÍA FAROLAS QUE ALUMEARAN ESES CAMIÑOS COMA AGORA.
CANDO SE FACÍA DE NOITE, TODO QUEDABA ÁS ESCURAS. A XENTE QUE VIVÍA DAQUELA TIÑA QUE IR DUN LADO PARA OUTRO DE NOITE (a levar un recado, ó muiño a moer, de volta para a casa logo de traballar todo o día,....). PARA VER POR ONDE ÍAN LEVABAN FACHOS (manoxos de palla que ían encendendo).  O IR ANDANDO O FACHO MOVÍASE CANDA A PERSOA QUE O LEVABA. OS QUE ESTABAN NAS ALDEAS VÍAN MOVERSE LUCES SOAS E COLLÍAN MOITO, MOITO MEDO. TANTO QUE DERON EN CHAMARLLE A SANTA COMPAÑA "


Ó meu cativo de 6 anos esta fin de semán invitáronlle a tres festas de "Halloween". O certo e que vímonos "obrigados" a preparalle algún disfraz para a ocasión. Pola falta de tempo decidimos comprarlle algo xa feito. Primeiro nos "chinos" e logo en outros tres establecementos do ramo recibimos a mesma contestación : "Está todo agotado" .

Digo eu, por qué non intentamos vender nos algo do noso, e non deixar que no-lo vendan coma si foran hamburguesas, pantalóns, refrescos, películas ...

¡ Señora, somos carne de cañon ... ¿ou non? !

martes, 27 de octubre de 2009

¡ Está todo muertito ... se nos colgó !



A seman pasada fun víctima do campo magnético terrestre, que me inutilizóu a tarxeta. Pedín un duplicado que recollín un xoves. Entre o xoves e o domingo fixen uso da tarxeta nun par de acasións sin nigún problema, ata o domingo pola noite. Rematéi de traballar e de camiño á casa entrei nun caixeiro para retirar algo de cartos. Despois de pedir o "pin" e todo eso o ordenador do caixeiro empezou a traballar ... todo sin problema ata que ... de repente aparece a mensaxe :

 "Fecha de caducidad tarj. inválida  0120  Operación Cancelada "

¡ E a tarxeta non saía !. Quedeime como un parbo mirando á ranura do caixeiro, esperando a que me devolvera  a miña tarxeta  ... ¡ e que non sae ...! ¡ que nada... que no te la devuelvo !. Empezei a falar coa máquina: "Dame a miña jodida tarxeta , puta máquina de merda !"  "pero que cojones ...! . Total, que tiven que largarme de alí co rabo entre as pernas. Entrei no coche para irme pero antes de facelo volvín ó caixeiro por si a máquina soltara a tarxeta, pero nada ... ¡ quedóuse con ela !.

Ó día seguinte , luns, fun á oficina en donde temos a conta e comentéilles o problema. Chamaron á oficina do caixeiro en cuestión e localizaron a tarxeta. Falei coa directora para quedar de recuperar a miña tarxeta. A cuestión e que non se detectou ningún problema e nadie supo explicarme que é o que pasou en realidade. Por si acaso ... pedíronme outro duplicado da tarxeta. 

Ó día seguinte, hoxe martes, fun ó caixeiro a retirar diñeiro (medio acojonadito ... ) . Todo funcionaba correctamente ... solicitei o diñeiro ... e o caixeiro expulsa a miña tarxeta e leo a seguinte mensaxe:

" Su petición no puede ser atendida en estos momentos. Inténtelo en el cajero mas cercano. Disculpe las molestias " (¡ Joder ... ! ).

 Entrei adentro para retirar o diñeiro por ventanilla e me dixeron:

- ¡ Está todo muertito ... se nos colgó !
- Bueno, mujeriña ... y ¿ no podeis darme el dinero ?
- ¡ Es  que el ordenador me dice que no hagamos ninguna operación !.  Es que el problema es de "la línea"

Despois dunha pequena deliberacción entre as duas empregadas e a directora encontraron unha solución... : " ¡ abrir la caja manualmente ! Esta operación tarda unos diez minutitos, si tiene algo que hacer mientras ..." . Asi que fun a outros sitios e cando voltei a empregada doume os cartos cunha sonrisa de orella a orella .

¿ Será esto o comenzo da rebelión das máquinas que profetizaba  Schwarzenegger/Terminator en Terminator II ? ... ou ¿ será que Babilonia sigue a tomarnos o pelo cobrando puntualmente servizos que non funcionan en multitude de ocasións ?


miércoles, 14 de octubre de 2009

El Vampiro

Hoxe era o día que me tocaba a analítica, logo da radiografía anterior solicitada polo médico de cabeceira. Á mañá ó levantarme o primeiro que fixen foi ir a descargar a vexiga. Logo de facelo déimede conta de que non había recollido a mostra de orina que tiña que levar (¡halaaaa ... bueno, esperarei a ver si me veñen as ganas outra vez!). Prepareille o almorzo ós nenos e logo de ducharme e asearme parece que me entraron outra vez as ganas. Fun rápidamente a buscar o vasiño e conseguir unha segunda mesada, sin chegar a encher a mitade do vaso (bueno, ... espero que sexa suficiente!). Collín o tubiño adxunto e, logo de leer as instruccións do papel, coloquéi o tubo no dispositivo e o pis escomenzóu a pasar ata hencher exactamente o tubo (¡misión cumplida!).

Antes de sair da casa collín a radiografía que había feito facía días para ver si o médico de cabeceira lle votava unha ollada e me decía algo. Chaguei ó centro de saude á hora que tiña prevista para a extracción. Esta vez todo foi sobre rodas e non tiven que esperar. Ó rematar a extracción fun á consulta do médico, que tamén me atendéu enseguida e mirou a radiografía:

-  Bueno, tienes un pequeño pinzamiento entre las vértebras C5-6 y ... bueno, eso podría ser ...
- La verdad es que ultimamente noto molestias en el cuello, sobre todo al levantarme. ¿será de la cama, la almohada o algo así ... ?
- Debes utilizar almohada baja
- (¡joder!, yo utilizo dos almohadas) . Ya ... y ... eso que pone en el informe: "Cambios degenerativos cervicales" ¿qué significa?
-  Aquí en la base del cuello tienes algo que puede ser un proceso de artrosis y eso es degenerativo. Si quieres te doy cita con un traumatólogo que te haga una valoración ...


¡ O que faltaba! ... artrosis. Eso soa fatal. Estou de novo no círculo sin fin!. Escomenzou a escribir, de esa maneira que escriben os médicos, o parte para pedir cita ó especialista.


-  Lo mejor es que, si conoces a alguien dentro del hospital, muevas un poco la cosa para que te atiendan pronto, si no te van a dar una cita para dentro de muchos meses, seguramente


 Con ese parte fun de novo a onde se piden as citas e, logo de introducir os meus datos no ordenador .... eu ollaba a cara da chica que estaba mirando a pantalla e,  polas súas muecas, non intuía nada bó. Logo duns instantes ... ¡xa está!:


- !Tiene cita para junio de 2010! . Lo mejor es que vayas a "atención al paciente"


(¡Adiósss!, daquela a artrosis xa a teño extendida por todo o corpo. ¡"Atención al paciente"! ... alí faranche cubrir uns papeles de reclamación que ó final terán unha contestación do tipo: "le pedimos disculpas pero las listas de espera están saturadas ... "). 


Total, que habrá que facerlle caso ó médico e  visitar a Don Vito, a ver si me pode votar unha man ...


A historia continúa...

La tarjeta no le pasa ...!

Hoxe en día, e cada vez máis, utilizamos cada vez menos o diñeiro efectivo para facer as compras diarias. Facémolo a través de transaciones electrónicas utilizando como instrumento as tarxetas de crédito, que normalmente coleccionamos como si foran cromos. Por este "servicio" que nos proporciona babilonia pagamos, máis ou menos, según o tipo de tarxeta de que se trate. A tarxeta é tamén o instrumento principal para retirar efectivo do noso diñeiro nos bancos cando o necesitamos. Bueno, todo eso estaría moi ben si ese servicio funcionara correctamente pero, ... ¡amigos! ... todo depende principalmente da banda magnética da tarxeta, que se deteriora con moita facilidade, ademáis de estar supeditada ás forzas magnéticas terrestres.

Hoxe fun a realizar as compras habituáis ó "super" habitual onde facemos as compras. Ó chegar o momento de pagar utilizéi a miña tarxeta e na pantalla do terminal de caixa poñía : "tarjeta no leida". A dependenta volveu a pasar a tarxeta e volveu a sair o mismo mensaxe. Logo meteu a tarxeta nunha bolsa de plástico e volveu a repetir a operación dúas veces máis resultando o mismo mensaxe. A dependenta dixo:

- Mire ... la tarjeta no le pasa !
- Pues es el único sitio en donde me pasa
- Ya pero ... ¡yo no le puedo hacer nada!

Casualmente tiña algo de diñeiro na carteira e paguéi a compra en efectivo. Logo tiven que ir ó banco a coller algo de cartos e aproveitei para que me comprobaran a tarxeta. Pasaron a tarxeta por un terminal de comprobación e escomenzou un baile de números sin control

- La tarjeta está mal, si quiere le pedimos una nueva, le tardará tres días laborables.
- Pero... si estaba correctamente hasta ahora, y siempre la trato con todo el cuidado ...¿cómo se pudo deteriorar?
- Bueno, cualquier rayadura al sacarla de la cartera, al pasarla por un terminal, o también pudo pasar que se haya magnetizado!

Joder! .. claro ... estamos suxetos ás forzas da natureza, neste caso concreto ás da magnetización. A min o que me parece é que Babilonia debería empezar por non cobrarnos un servicio que nos deixa colgados moitas veces (seguro que a máis de un dos que leédes esto vos pasou en algunha ocasión) e aplicar un sistema máis seguro, que bastantes cartos gañan á nosa costa.

¡Qué pode facer a pobre dependenta, ou eu mismo, ante as forzas da natureza! Pois nada.