miércoles, 3 de febrero de 2010

¡Hai que falar inglés!


Xá nolo decía Feros, un profesor de inglés que tiña no colexio, que en paz descanse, ésta era unha das súas frases favoritas, outra délas era "mira a ver", cando se preguntaba "¿se puede?" para entrar na aula. Bueno, realmente o tempo demostróu que Feros tiña razón, a proba está nos ridículos dos nosos dirixentes cara o exterior. ¿Cómo se pode ser ministro de exteriores, ou presidente do goberno e non ter nin puta idea de inglés, o idioma máis utilizado a nivel internacional?, ¿cómo é posible que para ser barrendeiro, ou vedel establezcamos uns mínimos de coñecemento de outros idiomas e para ser ministro ou presidente non?, ou ¿cómo se come que en anos de goberno estos dirixentes non reforzen ous séus coñecementos con clases particulares específicas?. Onte escoitei na radio que no pais vasco acábase de aprobar unha partida de , atención,  72.000 euros, para que o lendakari aprenda a falar o idioma vasco ... ¡Joder, tío, con ese diñeiro fás varios "masters"! ¿ou non?. Hay métodos moito máis baratos, como por exemplo...




Xa vai sendo hora de que nos deixemos de caralladas e que empezemos a exixir ós nosos dirixentes que se poñan ó día para o traballo que teñen que facer. Ós obreiros de a pé sempre se lles medíu por esa vara. Calquera dos inmigrantes que están no noso país, de países moito máis pobres que nós, falan e entenden o inglés correctamente, alo mellor é porque, entre outras cousas, nos seus países de orixen as películas son en versión orixinal subtituladas. Non sería mala idea empezar por ahí, e non facernos pallas mentales coma derradeira do cine en Cataluña ...


Aquí o que hai é moito mafioso encuberto, coma sempre ... 
¡Haber si lle votamos un pouquiño de cullóns! 


Tenía que decirlo...



martes, 2 de febrero de 2010

Londres 1982 (de "London calling" a "Babylon is falling")


Alá po lo '82 estaba en Londres con Sergio. Vivíamos nunha pensión chea de chinos, super rara, nos alimentábamos a base de tarta jamaicana e leite que mercabamos  nos supermercados "after hours" e íamos polas noites a tomarnos unhas pintas ós pubs onde había música en directo, os pianos cheos de xarras de cervexa vacías .... Daquela había moito jamaicano en Londres e había moitas actuacións de grupos isleños nos clubes e salas máis importantes. Un día fomos a ver a actuación de Steel Pulse ó clube The Venue. Foi memorable . É unha especie de teatro moi bonito e Sergio e máis eu saltabamos nun dos anfiteatros mentras a grupo tocaba. Me quedo coa frase da canción handsworth revolution, no coro que dí: "Babylon is falling" (por certo, ... nas versións en directo do grupo nos últimos anos xa non aparece esa frase cando tocan este tema ¿?)



Outro gran jrupaso que vín foi con Javier, unha noite no 100 Club (o clube onde empezou The Jam). Fomos a ver a Black Slate. O día anterior habíalle rapado a cabeza a Javier con unhas tixolas de manuales e unha maquinilla de esas de usar e tirar (tardéi tres horas) ... Entramos no clube antes da actuación e eramos os únicos brancos, todo cheo de negros. Notabamos que todo dios miraba moito para nós, sobor de todo para a cabeza resplandecente de Javier, logo nos demos conta, inocentes de nós, de que pensaban que eramos do national front, que daquela estaba moi en boga. Ó final non pasou nada e disfrutamos dunha actuación cojonuda. Lémbrome do momento en que fomos a miccionar a cervexa ó WC. Ó entrar había 4 mesadoiros déses de pé e pusémonos os dous nos do centro, cando estabamos pola laboura entraron dous armarios co pelo rasta e cheirando a herba que se puxeron  nas duas esquiñas, flanqueándonos. Nése momento véume á cachola a frase do uncle Ernie a Tommy  :"c´mon Tommy, show me your little best" e penséi : "xa está ...  ¡se abrió la veda para los culitos blancos!". Por fín pudemos rematar, logo de un par minutos que pareceron media hora, con dor de cú por télo apretado todo ese tempo, saímos dalí case que sen abrocharnos o pantalón, con un hilillo de humedade percorréndonos a perna por dentro do pantalón e voltamos á sala sans e salvos ...











jueves, 14 de enero de 2010

Haití non é aquí

Haití é un país do Caribe na Illa La Española, illa das Antillas, no Mar Caribe, situada ó SE de Cuba e ó O de Puerto Rico. La Española, a segunda illa máis grande do Caribe despóis de Cuba. Políticamente divídese en dous paises: Haití, que ocupa o tercio occidental da illa, e a República dominicana
A sociedade de La Española era unha comunidade escravista dedicada á producción de sucre e café. Estaba controlada por dúas potencias: Francia e España. En 1776 delimítanse as fronteiras entre Haití, a parte francesa, e a República Dominicana, a parte española, que non quedarán definitivamente marcadas ata o Tratado de Basilea, en 1795.
A comenzos de 1800 Haití entra en guerra contra Napoleón para independizarse, en plena época de expansión de Napoleón (guerra da independencia española). Logo de un periodo de importante de guerras contra Francia e España, logra a súa independencia definitiva en 1865. Foi o primeiro pais latinoamericano en acadar este feito, ainda que posteriormente sufríu o azoute de dictaduras e ocupacións, que sitúa este país nos últimos postos do hemisferio occidental en canto a desenvolvemento humano.
A maior parte dos habitantes de Haití descenden de negros africanos (95%), levados como escravos na época colonial. Hai tamén mulatos (4,9%) de sangre francesa e africana, así como mestizos, indíxenas e criollos europeos, descendentes dos colonizadores franceses, e unha minoría de ascendencia española.
Actualmente o réxime político de Haití é a República, e o idioma oficial é o francés, ainda que é habitual a lingua criolla, basada no francés con elementos africanos. Fálanse tamén outras linguas como o español, na frontera coa República Dominicana e varios dialectos africanos e caribeños.
Na actualidade, a "radiografía" do pais amosa un diagnóstico moi preocupante; hai van uns cuantos indicadores:


- Esperanza de vida: 51,5 anos
- Poboación urbana: 38,1 %
- Analfabetismo homes: 46,2 %
- Analfabetismo mulleres: 50,0 %
- Poboación que non ten acceso a auga potable: 29 %
- Mortalidade infantil: 61,6 /1000 dos nados vivos
- Malnutrición aguda en menores de 5 anos: 17 %
- Prevalencia de VIH/Sida en adultos: 5,6 %
- Prevalencia de tuberculose: 386/100.000 habitantes


Na propia capital, Porto Príncipe, a zona considerada máis desenvolvida do país, a poboación vive en precarias condicións por causa da pobreza, o abandono, a violencia urbana e a falta de acceso á atención sanitaria. Segundo datos de "Médicos Sin Fronteiras" (MFT), ONG que traballa aló dende 1991, a mortalidade materna no país está entre as máis elevadas do hemisferio occidental (unhas 360 mulleres / 100.000 nacementos). A inseguridade dos suburbios urbans limita o acceso de moitas mulleres á atención sanitaria; a violencia física e sexual, extorsión e o crime en xeral son un dos grandes problemas do país.
Hoxe Haití está no punto de mira do mundo por a grande catástrofe acontecida recentemente (máis de cen mil mortos). Non é a única catástrofe natural acontecida aló. Nas derradeiras dúas décadas, dende 1990, padecéu moitas importantes, a maior parte delas por furacans.
Cando penso no Haití sempre me ven á cabeza unha canción de C. Veloso e G. Gil ...
Pense no Haití ... Reze polo Haití...

lunes, 28 de diciembre de 2009

Prisciliano (340-385) . "The way of St. James""


É moi raro que a figura de Prisciliano e a súa doctrina non estea reivindicada nos nosos días. A mocedade actual sorprenderíase seguramente ó saber que no século IV, un galego nacido en Iria Flavia (Padrón) preconizaba o culto á natureza, ou o amor como disfrute lúdico e non só como procreación, e outras ideas "subversivas". 
Na época en que naceu Priscliano , Iria Flavia era un mítico lugar de ancestrales cultos celtas, onde de mozo apasionouse polo gnosticismo (doctrina filosófica e relixiosa dos primeiros séculos da iglesia católica, que pretendía ter un coñecemento das cousas divinas a través da intuición, e non da razón ou a fé).
Tivo o valor de fundar en Burdeos, xunto coa súa esposa Eucrocia e Elpidio, unha especie de comuna nunha finca preta a Burdeos. Era unha comunidade de pensadores, vestían tunicas brancas e adicábanse, entre outras moitas labores, á recolección de pedras sagradas (abraxas) en antiguas covas prehistóricas de Aquitania. Amantes da noite, traballaban á luz da lúa, para incrementar a luminaria do lume, tal como facían os antiguos celtas, que adoraban o plenilunio.. Resulta curioso comprobar hoxe en día como as súas ideas podrían conectar co movemento "hippy" de finais dos '60 en EEUU, e tamen con moitos dos postulados dos ecoloxistas e naturalistas actuáis.
A identificación de Prisciliano coa Natureza, o seu ascetismo, seu intento de controlar a mente e o corpo a través do coñecemento, incluso a meditación feita en posicións verticáis, o mesmo  que algúns "yoguis", contribuyen a que a súa personalidade resulte hoxe enormemente suxestiva, especialmente para a xente moza.
Os biógrafos de Prisciliano descríbeno como un personaxe rico, inxenioso e seductor. Procedente de noble familia estaba dotado ademáis dunha grande simpatía, e dominaba o arte da palabra, así como as artes máxicas, nas que tamén os celtas foron maestros consumados. Para él a muller tiña o seu propio sitio ó marxen do rol convencional que para éla estableceron os homes, polo que foi seguido por moitas patricias de Aquitania, unha das cales, Eucrocia, casaría con él. 
Os escritos de Prisciliano son de gran valor literario, e a súa doctrina extendéuse rápidamente, non só por Gallaecia, senon por Lusitania, a Bética e as Galias. A verdade e que, gracias ó feito priscilianista, Galicia aparece influindo por primeira e única vez na historia de Occidente.
¿En qué se basa esa doctrina para atraer con tanta forza a uns e outros, incluida unha boa parte da Igrexia Católica?. Os historiadores non se poñen de acordo no que podemos chamar o "enigma priscilianista", pero o que sí parece claro é que o padronés basou a súa doctrina nunha combinación da gnosis oriental con elementos do pandeismo celta. Predicóu a pobreza como virtude e os evanxelios apócrifos, ampliando co paso do tempo o número de seguidores entre as élites culturáis e de poder.
Obviamente un personaxe de este tipo non podía andar solto, así que foi perseguido e acusado de bruxería, escándalo amoroso ... a acusación e herexía xa estaba plantexada. Foi tan grande a súa influencia que foi perseguido polas máis altas instancias da Iglesia Católica e, ainda que el nunca se rendíu ás falsas acusaciones dos seus enemigos, estaba predestinado a un destino fatal, irreversible. Sus enemigos intrigan, difaman e entretexen unha maraña da que Prisciliano non se desenredaría xamáis.
No ano 385 Prisciliano chega a Tréveris, onde é acusado, a través do prefecto do emperador, Evodio, da práctica de rituáis máxicos que incluen danzas nocturnas, o uso de herbas abortivas e a práctica da astroloxía cabalística. Prisciliano confesa, baixo tortura, e, xunto con outros seguidores, morren decapitados, convertíndosenos primeiros herexes axusticiados pola Igrexia Católica a través dunha institución civil.
Con Prisciliano morre a lenda herética y nace a secreta historia de Prisciliano e os seus discípulos. O mevemento herético mantívose alomenos dous séculos máis, sobor de todo na sua Gallaecia de orixe, como o demostran os sucesivos concilios convocados para tratar este tema.
Ós catro anos da súa morte un grupo de seguidores galegos chega á cidade alemana de Tréveris e reclaman o corpo de Prisciliano para transportálo á sua hermética terra de druidas e darlle sepultura. O corpo e levado ó longo da Galia a  Hispania, percorrendo "casualmente" un itinerario que, co paso dos séculos convertiríase na ruta xacobea, o hoxe popular Camiño de Santiago. Prisciliano foi inhumado na súa terra natal, Iria Flavia. Posiblemente os seus restos mortais pasarían séculos despois, á cripta da catedral de Santiago de Compostela, baixo o velo protector da lenda de Santiago Apóstolo.
Non é posible, poi, adentrarse no laberinto galego sin coñecer a figura de Prisciliano, e a mensaxe e significado da súa doctrina. Todas estas dudas aparecen reflexadas de algunha maneira na película de Luis Buñuel titulada La Voie Lactée


sábado, 26 de diciembre de 2009

La coz cantante

Tom Waits é un deses personaxes únicos e inclasificables. Intérprete das súas neuras e con unha gran facilidade para emocionar. As súas letras están cheas de poesía, directa e sin florituras inútiles, como a súa música, describindo situacións cotidianas como nadie. Un exemplo é este tema do seu primeiro disco (Closing Time, 1973), titulado "I hope that I don't fall in love with you" (espero non namorarme de tí). Fai poucos días estiven votando unha ollada na libreria á que vou a menudo, e merquei o derradeiro libro sobre Tom Waits,  que titúlase "La coz cantante. Biografía en dos actos". Barney Hoskyns (2009). Recomendable para todo aquel que se interese por este personaxe.



Bueno, espero non namorarme de tí, 
porque namorarme sempre me pon triste
a música soa e tí ábresme o teu corazón
teño unha cerveza e agora escoito que me chamas pa que entre
e espero non namorarme de tí

A sala esta petada, xente por todas partes
pregúntome, ofrecereille unha silla?
si te sentas con este vello clown non desconfíes
antes de que a tarde remate, creo que podemos facélo
e espero non namorarme de tí


A noite produce cousas divertidas nun home
vellos sentimentos de macho que tí non entendes
Volto a mirarte, tí encendes un cigarrillo
pediríache un, pero non nos coñecemos de nada
e espero non namorarme de tí


Xa vexo que estás sóa, coma mín
tarde o temprano querrás compañía
Volvo a mirarte, e tí te miras cara a mín
o tío co que estás está separado de tí, a silla ó teu lado esta baleira
e espero que tí non te namores de mín


É a hora do peche, están baixando a música
última ronda, tomarei outra forte
voto unha ollada para verte e ti xa non estás
búscoche por todos os lados, espero ter outra oportunidade
e penso que acabo de namorarme de tí


viernes, 25 de diciembre de 2009

Andrés do Barro (Ferrol, 1947-1989). O comenzo do "Pop" galego

Personaxe misterioso onde os haxa. Entre 1970 e 1975 publicóu 4 LP's (Me llamo Andrés Lapique do Barro 1970, Andres do Barro 1974, Señora mía  1975 e ¡Pum!  1975)  e tamén fixo unha película (La Red de mi Canción 1971) . No seu primeiro disco escribíu : "Me llamo Andrés Lapique do Barro y os presento unas cuantas de mis canciones. Hoy son en gallego porque así las he sentido y porque quiero colaborar con todo interés y cariño a dignificar mi idioma materno, caído durante muchos años en el más cruel menosprecio”.


Hoxe ten algúns seguidores, e incluso adoradores, e está considerado como un icono do pop galego. En 1976 deixóuno todo e entrou nunha época de declive, drogas e alcohol incluidos. Residéu en  México ata 1984, e finou en decembro do 89, víctima dunha cirrosis. 
É un destes personaxes do que nadie fala mal, pero que moi poca xente sabe cousas dél. 

sábado, 28 de noviembre de 2009

O músculo financieiro de Galicia

Levan días coa cantarela da fusión entre as dúas "caixas" en Galicia. O problema é de alto calado e trasfondo para todos nós, non hai máis que escoitar tóda-las conversacións na carnicería, pescadería, nos bares, etc ... ¡non se fala doutra cousa!.
No mentireiro leín o seguinte: "Es el músculo financiero de Galicia lo que está en juego. Si las dos entidades se suman Galicia se fortalecerá". 
¿Cál será o fondo da cuestión?. Están facéndonos creer que se trata de unha loita política norte-sur, A Coruña contra Vigo, o Celta contra o Deportivo ... qué é unha loita de partidos políticos entre BNG, PP e PSOE, metidos nos consellos de administración de amba-las dúas caixas galegas ...  Eu non teño moita idea de economía, pero penso que os tiros van por outro lado distinto. O tema máis ben penso que é que, nin Caixa Galicia nin Caixa Nova teñen unha boa xestión nas súas entidades, é decir, as dúas estan ó borde da banca rota debido ás súas nefastas inversións, e nestes tempos difíciles o que está a piques de suceder é que si non se crea  unha entidade máis competitiva, fusionándose entre elas, frente ás outras nacionáis tanto unha como a outra  veránse abocadas a fusionarse con entidades de fora para poder sobrevivir. Si esto sucedera se acabaría o chollo para os partidos rexionales galegos ...
Unha vez máis babilonia xoga co noso diñeiro e, mentras éles non deixan de cobrar os seus pingües beneficios, cando as cousas saen mal, temos que sacálos nós do lío en que se meteron éles.
O seguinte debería ser  que as tres universidades (de momento) se fusionaran, e logo que en cada pobo de Galicia só hubera unha asociación de comerciantes, ou de mexilloeiros, unha sóa comisión de festas, etc. 


Buceando en YouTube encontréi este video que me parece cojonudo