sábado, 26 de diciembre de 2009

La coz cantante

Tom Waits é un deses personaxes únicos e inclasificables. Intérprete das súas neuras e con unha gran facilidade para emocionar. As súas letras están cheas de poesía, directa e sin florituras inútiles, como a súa música, describindo situacións cotidianas como nadie. Un exemplo é este tema do seu primeiro disco (Closing Time, 1973), titulado "I hope that I don't fall in love with you" (espero non namorarme de tí). Fai poucos días estiven votando unha ollada na libreria á que vou a menudo, e merquei o derradeiro libro sobre Tom Waits,  que titúlase "La coz cantante. Biografía en dos actos". Barney Hoskyns (2009). Recomendable para todo aquel que se interese por este personaxe.



Bueno, espero non namorarme de tí, 
porque namorarme sempre me pon triste
a música soa e tí ábresme o teu corazón
teño unha cerveza e agora escoito que me chamas pa que entre
e espero non namorarme de tí

A sala esta petada, xente por todas partes
pregúntome, ofrecereille unha silla?
si te sentas con este vello clown non desconfíes
antes de que a tarde remate, creo que podemos facélo
e espero non namorarme de tí


A noite produce cousas divertidas nun home
vellos sentimentos de macho que tí non entendes
Volto a mirarte, tí encendes un cigarrillo
pediríache un, pero non nos coñecemos de nada
e espero non namorarme de tí


Xa vexo que estás sóa, coma mín
tarde o temprano querrás compañía
Volvo a mirarte, e tí te miras cara a mín
o tío co que estás está separado de tí, a silla ó teu lado esta baleira
e espero que tí non te namores de mín


É a hora do peche, están baixando a música
última ronda, tomarei outra forte
voto unha ollada para verte e ti xa non estás
búscoche por todos os lados, espero ter outra oportunidade
e penso que acabo de namorarme de tí


No hay comentarios:

Publicar un comentario