sábado, 28 de noviembre de 2009

O músculo financieiro de Galicia

Levan días coa cantarela da fusión entre as dúas "caixas" en Galicia. O problema é de alto calado e trasfondo para todos nós, non hai máis que escoitar tóda-las conversacións na carnicería, pescadería, nos bares, etc ... ¡non se fala doutra cousa!.
No mentireiro leín o seguinte: "Es el músculo financiero de Galicia lo que está en juego. Si las dos entidades se suman Galicia se fortalecerá". 
¿Cál será o fondo da cuestión?. Están facéndonos creer que se trata de unha loita política norte-sur, A Coruña contra Vigo, o Celta contra o Deportivo ... qué é unha loita de partidos políticos entre BNG, PP e PSOE, metidos nos consellos de administración de amba-las dúas caixas galegas ...  Eu non teño moita idea de economía, pero penso que os tiros van por outro lado distinto. O tema máis ben penso que é que, nin Caixa Galicia nin Caixa Nova teñen unha boa xestión nas súas entidades, é decir, as dúas estan ó borde da banca rota debido ás súas nefastas inversións, e nestes tempos difíciles o que está a piques de suceder é que si non se crea  unha entidade máis competitiva, fusionándose entre elas, frente ás outras nacionáis tanto unha como a outra  veránse abocadas a fusionarse con entidades de fora para poder sobrevivir. Si esto sucedera se acabaría o chollo para os partidos rexionales galegos ...
Unha vez máis babilonia xoga co noso diñeiro e, mentras éles non deixan de cobrar os seus pingües beneficios, cando as cousas saen mal, temos que sacálos nós do lío en que se meteron éles.
O seguinte debería ser  que as tres universidades (de momento) se fusionaran, e logo que en cada pobo de Galicia só hubera unha asociación de comerciantes, ou de mexilloeiros, unha sóa comisión de festas, etc. 


Buceando en YouTube encontréi este video que me parece cojonudo


No hay comentarios:

Publicar un comentario