lunes, 2 de noviembre de 2009

A noite de difuntos


Segundo as nosas vellas tradicións, as almas viñan á terra no "día de defuntos" con moi diversas fins. Por iso nuns lugares púñanlles de comer, para que non pasasen fame; noutros botaban ese día un gran pao ao lume, para que quentasen no caso de teren frío; noutros era considerado pecado varrer pola noite a cociña porque se lles daba para atrás, impedíndo-lles que se acheguen á lareira; e noutros tense por acción inhumana pechar de golpe as cancelas ou portelos, porque se mancaban
Se se busca nos libros de etnoloxía polas celebracións que se fan en Galiza con ocasión do "día de defuntos" atoparemos unha serie de costumes ancestrais própias . Desde o deixar un óco na mesa ou racións de comida e/ou bebida para os defuntos até facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, ...) lembrarán-nos que tamén era habitual polo día de Defuntos coller cabazas, tallar-lles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixa-las nos camiños para asustar aos viandantes. Todo isto con ocasión da festa dos Defuntos, o dous de novembro. Eu, realmente, ós meus vellos 50, do que máis me lembro é dos ceminterios cheos de flores e velas e cun ambientaso increible, tanto de día coma de noite. Ó lado das tumbas dos seus mortos tiñan lugar entre os presentes, coma nun verdadeiro velatorio, relatos e historias transcendentáis, tanto da vida coma da morte.

Todo isto, así como sona, non vende nada (máis ben penso que non é o noso  vendélo, nos só somos bós na distribución), pero si remesemos algo por ahí seguro que lle podemos encontrar algo de proveito, como por exemplo:


" Estas costumes coinciden coa americana de Halloween e aínda co máis antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior ... "

Así, desta maneira, ligamos con Irlanda e as nacións celtas, algo polo que unha parte de Galicia "babea" dende fai tempo, co desdén e a indiferencia das chamadas "nacións celtas". Dentro de pouco aparecerá tamén algún descubrimento etnolóxico que demostrará que os nosos ancestros tamen portaban faldras con cuadros e cores determinados, pero seguro que non as venderán en Zara , importarémolas de Escocia, ou Irlanda, como o marisco...

Si xuntamos esto con outro dos mitos galegos por excelencia, a "Santa Compaña" poderíamos ter algo coma isto:

" Segundo a tradición galega, probabelmente de orixe celta, o cortello da Santa Compaña compoñen-o os espectros dos mortos que saen cada noite sobre os doce, alumeados cada un cunha tea acesa e partindo dunha igrexa inician o seu percorrido. Nalgunhas versións, diante da Compaña vai un cristián acompañando-a e portando unha cruz e, para se librar dela, debe esperar a que outro cristián se cruce no seu camiño; daquela entregará a éste a cruz que levará durante o resto da sua vida, de non ser que se cruce con outro. Disque saen a visitar aos vivos e a lles anunciaren que en menos dun ano lles chegará a morte. Os mortais temen atopar-se con ela por medo de que sexan os escollidos. Noutras versións, o personaxe que precede a todo o cortello fúnebre se denomina Estadía, e é unha representación da Morte.
Tamén se di nalgures que a Santa Compaña vai encabezada por un dos seus participantes portando non unha cruz, senón un caldeiro (que a tradición cristianizou axiña como cheo de auga bendita!), o que poderia simbolizar o caldeiro da rexeneración celta. Os herois segundo a mitoloxía celta ao introducir-se no caldeiro proban a virtude purificadora e remozadora do lume, unha representación que entón perduraria no Purgatório cristián xa que a tradición da igrexa fala de "lume purificador". No caldeiro os elementos entran nun estado e saen noutro, sendo tamén unha imaxe do ventre materno. A igrexa ortodoxa celebra o bautismo de Cristo o mesmo dia da sua Natividade, o 6 de xaneiro, porque o bautismo é un voltar a nacer das cinzas; por iso existe a imposición da cinza o día de de Mércores de cinza, como comezo do ciclo cuaresmal (primavera), ao igual que se fai no Entroido. Na mitoloxía clásica o seu equivalente sería a Ave Fénix, que renace das suas cinzas. ... "

A mín particularmente me gusta máis a explicación que nun centro educativo de Rianxo lles daban ós nenos pequenos nestas datas de difuntos, a cal transcribo:

" FAI MOITOS ANOS, NOS TEMPOS DOS AVÓS DOS NOSOS AVÓS, NON HABÍA CARRETERAS NIN CAMIÑOS  ASFALTADOS NIN TAMPOUCO HABÍA FAROLAS QUE ALUMEARAN ESES CAMIÑOS COMA AGORA.
CANDO SE FACÍA DE NOITE, TODO QUEDABA ÁS ESCURAS. A XENTE QUE VIVÍA DAQUELA TIÑA QUE IR DUN LADO PARA OUTRO DE NOITE (a levar un recado, ó muiño a moer, de volta para a casa logo de traballar todo o día,....). PARA VER POR ONDE ÍAN LEVABAN FACHOS (manoxos de palla que ían encendendo).  O IR ANDANDO O FACHO MOVÍASE CANDA A PERSOA QUE O LEVABA. OS QUE ESTABAN NAS ALDEAS VÍAN MOVERSE LUCES SOAS E COLLÍAN MOITO, MOITO MEDO. TANTO QUE DERON EN CHAMARLLE A SANTA COMPAÑA "


Ó meu cativo de 6 anos esta fin de semán invitáronlle a tres festas de "Halloween". O certo e que vímonos "obrigados" a preparalle algún disfraz para a ocasión. Pola falta de tempo decidimos comprarlle algo xa feito. Primeiro nos "chinos" e logo en outros tres establecementos do ramo recibimos a mesma contestación : "Está todo agotado" .

Digo eu, por qué non intentamos vender nos algo do noso, e non deixar que no-lo vendan coma si foran hamburguesas, pantalóns, refrescos, películas ...

¡ Señora, somos carne de cañon ... ¿ou non? !

No hay comentarios:

Publicar un comentario