jueves, 25 de noviembre de 2010

O Sol é galego. Non hai nada que temer


Ángeles Durán enseña el escrito notarial en el que se manifiesta propietaria del astro rey

| M. MORALEJO
A propietaria do Sol, "estrella de tipo espectral G2, que se encuentra en el centro del sistema solar, situada a una distancia media de la Tierra de aproximadamente 149.600.000 kilómetros..." é galega, chámase Angeles Durán e vive en Salvaterra do Miño. A noticia aparece en La Voz de Galicia de hoxe. Parece ser que «Existe un convenio internacional por el cual ningún país puede hacerse dueño de los planetas», pero éste non dí nada dos particulares, ademáis «hay un americano que escrituró casi todos los planetas y la luna; pero no el Sol». Tamén  argumenta Angeles, a nosa paisana de nome claramente celestial,  que «la adquisición de la propiedad referida constituye una aprehensión electromagnética y radiactiva, al no existir ni conocerse en cinco mil millones de años propietario alguno hasta la fecha». No escrito notarial do seu poder declárase a dona «por usucapión, habiendo hecho de la propiedad del Sol de buena fe, de forma pacífica e ininterrumpidamente durante más de 31 años» (e nos sin saber nada). Para os que non sepan o significado da palabra "usucapión" digamos que significa, en dereito,  a "adquisición de la propiedad de alguna cosa por su posesión continuada durante el tiempo determinado por la ley. Es una institución de origen romano y corresponde a la actual prescripción adquisitiva" (¿¡?).
Angeles tratando de controlar a súa propiedade
Angeles tamén manifesta que xa se reuníu co Ministerio de Industria (?) para explicarlles o que hai. Amenaza que podría cobrar un canon a todo o mundo que utilize a enerxía solar, e tamén que daría o 90% destes ingresos de maneira altruista, distribuidos da seguinte maneira: 50 % ós Presupuestos Generales del Estado, 20% para as pensións mínimas, 10% para investigación e sanidad e outro 10% para erradicar a fame, quedándose ela co 10% restante en concepto de ... ¡bueno!, ... en concepto. 
Visto lo visto, e co tempo que lle queda ó sol ata que se extinga, veremos pronto tempos mellores. Non deberíamos preocuparnos pola crise ou por traballar tanto, xa que co 90 % do diñeiro que Angeles pretende ingresar é máis que suficiente para volver a poñer a Galicia e a España no sitio que nos corresponde e nos merecemos: un imperio onde nunca se pon o sol.
Para localizar e coñecer mellor cal é a magnitude da propiedade da nosa Angeles remitímonos a un video que a NASA fíxolle chegar unha vez que éla lles comunicara que é a propietaria legal

No hay comentarios:

Publicar un comentario