Alá po lo '82 estaba en Londres con Sergio. Vivíamos nunha pensión chea de chinos, super rara, nos alimentábamos a base de tarta jamaicana e leite que mercabamos nos supermercados "after hours" e íamos polas noites a tomarnos unhas pintas ós pubs onde había música en directo, os pianos cheos de xarras de cervexa vacías .... Daquela había moito jamaicano en Londres e había moitas actuacións de grupos isleños nos clubes e salas máis importantes. Un día fomos a ver a actuación de Steel Pulse ó clube The Venue. Foi memorable . É unha especie de teatro moi bonito e Sergio e máis eu saltabamos nun dos anfiteatros mentras a grupo tocaba. Me quedo coa frase da canción handsworth revolution, no coro que dí: "Babylon is falling" (por certo, ... nas versións en directo do grupo nos últimos anos xa non aparece esa frase cando tocan este tema ¿?)
Outro gran jrupaso que vín foi con Javier, unha noite no 100 Club (o clube onde empezou The Jam). Fomos a ver a Black Slate. O día anterior habíalle rapado a cabeza a Javier con unhas tixolas de manuales e unha maquinilla de esas de usar e tirar (tardéi tres horas) ... Entramos no clube antes da actuación e eramos os únicos brancos, todo cheo de negros. Notabamos que todo dios miraba moito para nós, sobor de todo para a cabeza resplandecente de Javier, logo nos demos conta, inocentes de nós, de que pensaban que eramos do national front, que daquela estaba moi en boga. Ó final non pasou nada e disfrutamos dunha actuación cojonuda. Lémbrome do momento en que fomos a miccionar a cervexa ó WC. Ó entrar había 4 mesadoiros déses de pé e pusémonos os dous nos do centro, cando estabamos pola laboura entraron dous armarios co pelo rasta e cheirando a herba que se puxeron nas duas esquiñas, flanqueándonos. Nése momento véume á cachola a frase do uncle Ernie a Tommy :"c´mon Tommy, show me your little best" e penséi : "xa está ... ¡se abrió la veda para los culitos blancos!". Por fín pudemos rematar, logo de un par minutos que pareceron media hora, con dor de cú por télo apretado todo ese tempo, saímos dalí case que sen abrocharnos o pantalón, con un hilillo de humedade percorréndonos a perna por dentro do pantalón e voltamos á sala sans e salvos ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario