Na época dos '70 en Santiago había unha liña que, dende Rosalia de Castro, pasando pola Praza de Galicia e en dirección Horreo, dividía a cidade en dúas partes perfectamente diferenciadas: a "zona vella" e a "zona nova" (aquela coma sempre e ésta en plena explosión). Era a época das botas camperas, as melenas e as barbas, e os jerseys de cuello alto en inverno. Eu vivía na zona nova, na última liña de "avance" cara o Sur, que ainda estaba moi preto da zona vella , a 5 minutos, e tódolos días me movía entre unha e outra zona como si fora dun planeta a outro. Era época en que empezaron a xurdir locais co alias de "pub", onde unha das características principáis era que se podía escoitar música mentras charlabas e te tomabas algo (King Crimsonn, Yes, Mahavishnu Orchestra, Pink Floid...), e toda a zona vella estaba plagada destes locais, envolta nun alo de misterio e bohemia,que ainda perdura algo no tempo. Si querías un pouco máis de marchita golfa, coa música máis alta, enton tiñas a zona nova (Rolling, Led Zeppelin, Creedence, Deep Purple, ...). Logo si querías seguir a marcha, xa a partires das tres, tiñas que fuxir ás aforas, rematando ás seis cun polo asado e un "gin kas" nalgún bar de carretera cheo de camioneros e buscavidas. En fin, .... que os tempos cambiaron moito, máis non en Santiago ... Dylan !.
NHU é un destes grupos raros que a mín me trasladan á zona vella de Santiago daqueles anos. Música de ambientes e melodías improvisadas, con aires de choiva, bretema e misterio, marcadas principalmente pola guitarra de Roberto Abal e o hammond de Xurxo Pérez, que lle daban ó son a súa característica persoal. Nadie soaba igual. Si tuvera que explicarlle a alguen como era ese son diría que soa a Santiago.
O grupo tivo unha corta vida no tempo (1974-1978), pasando por varios cambios na súa formación orixinal ata a gravación do seu único albun en 1978. Con este grupo tocaron músicos galegos coñecidos como Xoan Piñón (guitarra eléctrica), Cuchús Alonso (Guitarra clásica) , Ricardo Maiz (Batería) ou Emilio Cao (violin).
Ó pouco de sacar o disco tiven a oportunidade de velos en directo. Foi nas festas do Colexio Peleteiro. Quedeime principalmente co batería, Xosé Ferreiro e o baixista Tino Grandío, ós que "seguín" sempre que puden; naquela época de quinceañeiro, na que eu escomenzaba a interesarme moito pola música, sentín admiración polo que facían. Corrín a merca-lo disco ó día seguinte. O albun non tivo moito éxito de mercado e hoxe a versión e vinilo é un disco de culto e colección. Voltei a velos en ocasiones posteriores, incluso tocando en verbenas e outras gaitas, xa sin Roberto Abal.
Hoxe é o día que ainda vexo pola rúa a Xosé Ferreiro, que vive no mismo pobo que eu, e póñome triste de ver que a vida non fixo posiblemente xustiza con él. Penso que foron xente noble e desinteresada, que facían o que lles gustaba sin pensaren máis nada; que lles quiten o bailao !. A estrela que moito brilla dura pouco, pero mentras brilla alumbralle o camiño a outros, e por eso eu estoulle agradecido a esta xente, bravos e xenerosos, e vaia dende aquí o meu humilde homenaxe.
Créditos do disco:
NHU
(1978) Zafiro-Novola (Abrente)
"A cousa escomenzou xuntándonos no ano setenta e catro, deixandonos de estudiar e tocando pachanga pra vivir e pagar o equipo nunha rexión atrasada e oprimida máis dunha gran forza na sua naturaleza e no seu clima.
A música foi interrumpida pola mili dos seus compoñentes e hoxe deixase ver a traves das composiciós deste primeiro disco.
Que o grupo hoxe funcione pode ser unha afirmación mais dentro do movemento de comunicación iniciado fai tempo neste planeta de tolos ou simplemente unha maneira de vivir. Tratamos de facer camiño e cantamos en galego porque e un idioma que gústanos.
A nosa música pra vos."
NHU
Temas
1 NA TERRA DO VERDE CHAN (X.Pérez, R.Abal, X.Ferreiro, T.Grandío) 10:22
2 A TITIRITADA (R.Abal, X.Ferreiro, T.Grandío) 2:52
3 FRIKY & ALEXO (R.Abal, T.Grandío) 7:45
4 DOENTE (T.Grandío, X.Pérez) 5:31
5 HAY UN TREN (R.Abal, X.Ferreiro) 5:33
6 A TRANCAS E BARRANCAS (X.Pérez, R.Abal, X.Ferreiro, T.Grandío) 7:05
Ingeniero de sonido : Vicente Cruz
Ayudantes : Juan Rodriguez, Juan Manuel Garijo
Diseño de portada : Ventura Cores
Fotografía : Anna Turbau
Arreglos : NHU
"Doente" : Voz de Alexo y texto de Frank Echevarría
Producción : Abrente
Ediciones musicales Discorama