jueves, 9 de diciembre de 2010

Música de orella

Fai anos, cando Tergio, Fredi e máis eu descargábamos a nosa mala hostia surfeando xuntos cos  "Instrumentos de Tortura", tíñamos o noso propio local de ensaio, en donde nos reuníamos unhas dúas veces á semana. Un día en que estabamos ensaiando chegou a visitarnos o pai de Fredi (q.e.d), que era de Asados, a terra das orquestas. Alí todo o mundo ten alguen na familia que tocara ou tocase algún instrumento. O do pai de Fredi (q.e.d.) era o acordeón. Nun momento dado acercóuse a mín e me dixo: ¿vos que tocades, de orella, non?. Eu contesteille: sí, os tres tocamos de orella.

Ningún de nos tiña unha formación musical de estudio ortodoxa, tampouco o pai de Fredi (q.e.d.), pero vivíamos a música , e, por intuición,  nos comunicabamos a través dela con gran intensidade e claridade.

A música é unha lenguaxe universal, co que te podes comunicar con calqueira ser vivinte, sexa do lugar que sexa. Hay unha grande cantidade de exemplos desto. A formación musical reglada e ortodoxa é un intrumento útil para avanzar na lenguaxe musical, pero non imprescindible inicialmente. Moita xente que hoxe están considerados como grandes músicos, especialmente no mundo do "pop" foron músicos de orella (p.ex.: Carlos Santana, Marc Knofler, Bob dylan, Keith Richard, Neil Young, e moitos máis). 


Son tres as principais condicións que hay que ter para poder ser un  músico de orella:
  1. Curiosidade. E un motor importante para que o aprendizaxe sexa máis rápido. Esta condición fai ademáis que te busques recursos cando o necesites. Hoxe en día non é como antes, e existen moitos recursos ó alcance de todos.
  2. Disciplina. A práctica periódica e fundamental. Como en calquera deporte, é necesario manter o tono.
  3. Humildade. Por moito que penses que tocas moi ben sempre hai alguen que toca mellor ca tí. Non importa quen toca mellor, senon quen transmite mellor...