jueves, 14 de enero de 2010

Haití non é aquí

Haití é un país do Caribe na Illa La Española, illa das Antillas, no Mar Caribe, situada ó SE de Cuba e ó O de Puerto Rico. La Española, a segunda illa máis grande do Caribe despóis de Cuba. Políticamente divídese en dous paises: Haití, que ocupa o tercio occidental da illa, e a República dominicana
A sociedade de La Española era unha comunidade escravista dedicada á producción de sucre e café. Estaba controlada por dúas potencias: Francia e España. En 1776 delimítanse as fronteiras entre Haití, a parte francesa, e a República Dominicana, a parte española, que non quedarán definitivamente marcadas ata o Tratado de Basilea, en 1795.
A comenzos de 1800 Haití entra en guerra contra Napoleón para independizarse, en plena época de expansión de Napoleón (guerra da independencia española). Logo de un periodo de importante de guerras contra Francia e España, logra a súa independencia definitiva en 1865. Foi o primeiro pais latinoamericano en acadar este feito, ainda que posteriormente sufríu o azoute de dictaduras e ocupacións, que sitúa este país nos últimos postos do hemisferio occidental en canto a desenvolvemento humano.
A maior parte dos habitantes de Haití descenden de negros africanos (95%), levados como escravos na época colonial. Hai tamén mulatos (4,9%) de sangre francesa e africana, así como mestizos, indíxenas e criollos europeos, descendentes dos colonizadores franceses, e unha minoría de ascendencia española.
Actualmente o réxime político de Haití é a República, e o idioma oficial é o francés, ainda que é habitual a lingua criolla, basada no francés con elementos africanos. Fálanse tamén outras linguas como o español, na frontera coa República Dominicana e varios dialectos africanos e caribeños.
Na actualidade, a "radiografía" do pais amosa un diagnóstico moi preocupante; hai van uns cuantos indicadores:


- Esperanza de vida: 51,5 anos
- Poboación urbana: 38,1 %
- Analfabetismo homes: 46,2 %
- Analfabetismo mulleres: 50,0 %
- Poboación que non ten acceso a auga potable: 29 %
- Mortalidade infantil: 61,6 /1000 dos nados vivos
- Malnutrición aguda en menores de 5 anos: 17 %
- Prevalencia de VIH/Sida en adultos: 5,6 %
- Prevalencia de tuberculose: 386/100.000 habitantes


Na propia capital, Porto Príncipe, a zona considerada máis desenvolvida do país, a poboación vive en precarias condicións por causa da pobreza, o abandono, a violencia urbana e a falta de acceso á atención sanitaria. Segundo datos de "Médicos Sin Fronteiras" (MFT), ONG que traballa aló dende 1991, a mortalidade materna no país está entre as máis elevadas do hemisferio occidental (unhas 360 mulleres / 100.000 nacementos). A inseguridade dos suburbios urbans limita o acceso de moitas mulleres á atención sanitaria; a violencia física e sexual, extorsión e o crime en xeral son un dos grandes problemas do país.
Hoxe Haití está no punto de mira do mundo por a grande catástrofe acontecida recentemente (máis de cen mil mortos). Non é a única catástrofe natural acontecida aló. Nas derradeiras dúas décadas, dende 1990, padecéu moitas importantes, a maior parte delas por furacans.
Cando penso no Haití sempre me ven á cabeza unha canción de C. Veloso e G. Gil ...
Pense no Haití ... Reze polo Haití...