É moi raro que a figura de Prisciliano e a súa doctrina non estea reivindicada nos nosos días. A mocedade actual sorprenderíase seguramente ó saber que no século IV, un galego nacido en Iria Flavia (Padrón) preconizaba o culto á natureza, ou o amor como disfrute lúdico e non só como procreación, e outras ideas "subversivas".
Na época en que naceu Priscliano , Iria Flavia era un mítico lugar de ancestrales cultos celtas, onde de mozo apasionouse polo gnosticismo (doctrina filosófica e relixiosa dos primeiros séculos da iglesia católica, que pretendía ter un coñecemento das cousas divinas a través da intuición, e non da razón ou a fé).
Tivo o valor de fundar en Burdeos, xunto coa súa esposa Eucrocia e Elpidio, unha especie de comuna nunha finca preta a Burdeos. Era unha comunidade de pensadores, vestían tunicas brancas e adicábanse, entre outras moitas labores, á recolección de pedras sagradas (abraxas) en antiguas covas prehistóricas de Aquitania. Amantes da noite, traballaban á luz da lúa, para incrementar a luminaria do lume, tal como facían os antiguos celtas, que adoraban o plenilunio.. Resulta curioso comprobar hoxe en día como as súas ideas podrían conectar co movemento "hippy" de finais dos '60 en EEUU, e tamen con moitos dos postulados dos ecoloxistas e naturalistas actuáis.
A identificación de Prisciliano coa Natureza, o seu ascetismo, seu intento de controlar a mente e o corpo a través do coñecemento, incluso a meditación feita en posicións verticáis, o mesmo que algúns "yoguis", contribuyen a que a súa personalidade resulte hoxe enormemente suxestiva, especialmente para a xente moza.
Os biógrafos de Prisciliano descríbeno como un personaxe rico, inxenioso e seductor. Procedente de noble familia estaba dotado ademáis dunha grande simpatía, e dominaba o arte da palabra, así como as artes máxicas, nas que tamén os celtas foron maestros consumados. Para él a muller tiña o seu propio sitio ó marxen do rol convencional que para éla estableceron os homes, polo que foi seguido por moitas patricias de Aquitania, unha das cales, Eucrocia, casaría con él.
Os escritos de Prisciliano son de gran valor literario, e a súa doctrina extendéuse rápidamente, non só por Gallaecia, senon por Lusitania, a Bética e as Galias. A verdade e que, gracias ó feito priscilianista, Galicia aparece influindo por primeira e única vez na historia de Occidente.
¿En qué se basa esa doctrina para atraer con tanta forza a uns e outros, incluida unha boa parte da Igrexia Católica?. Os historiadores non se poñen de acordo no que podemos chamar o "enigma priscilianista", pero o que sí parece claro é que o padronés basou a súa doctrina nunha combinación da gnosis oriental con elementos do pandeismo celta. Predicóu a pobreza como virtude e os evanxelios apócrifos, ampliando co paso do tempo o número de seguidores entre as élites culturáis e de poder.
Obviamente un personaxe de este tipo non podía andar solto, así que foi perseguido e acusado de bruxería, escándalo amoroso ... a acusación e herexía xa estaba plantexada. Foi tan grande a súa influencia que foi perseguido polas máis altas instancias da Iglesia Católica e, ainda que el nunca se rendíu ás falsas acusaciones dos seus enemigos, estaba predestinado a un destino fatal, irreversible. Sus enemigos intrigan, difaman e entretexen unha maraña da que Prisciliano non se desenredaría xamáis.
No ano 385 Prisciliano chega a Tréveris, onde é acusado, a través do prefecto do emperador, Evodio, da práctica de rituáis máxicos que incluen danzas nocturnas, o uso de herbas abortivas e a práctica da astroloxía cabalística. Prisciliano confesa, baixo tortura, e, xunto con outros seguidores, morren decapitados, convertíndosenos primeiros herexes axusticiados pola Igrexia Católica a través dunha institución civil.
Con Prisciliano morre a lenda herética y nace a secreta historia de Prisciliano e os seus discípulos. O mevemento herético mantívose alomenos dous séculos máis, sobor de todo na sua Gallaecia de orixe, como o demostran os sucesivos concilios convocados para tratar este tema.
Ós catro anos da súa morte un grupo de seguidores galegos chega á cidade alemana de Tréveris e reclaman o corpo de Prisciliano para transportálo á sua hermética terra de druidas e darlle sepultura. O corpo e levado ó longo da Galia a Hispania, percorrendo "casualmente" un itinerario que, co paso dos séculos convertiríase na ruta xacobea, o hoxe popular Camiño de Santiago. Prisciliano foi inhumado na súa terra natal, Iria Flavia. Posiblemente os seus restos mortais pasarían séculos despois, á cripta da catedral de Santiago de Compostela, baixo o velo protector da lenda de Santiago Apóstolo.
Non é posible, poi, adentrarse no laberinto galego sin coñecer a figura de Prisciliano, e a mensaxe e significado da súa doctrina. Todas estas dudas aparecen reflexadas de algunha maneira na película de Luis Buñuel titulada La Voie Lactée